Ciclo Musical: NoitiNHas Music en Santiago

Fecha 20-04-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Ciclo Musical: NoitiNHas Music en Santiago

A azotea do Hotel NH Collection Santiago ofrecerá mensualmente concertos de balde dalgunhas das bandas máis destacadas do panorama musical independente galego, nacional e internacional. Poderá accederse ao espazo previa recollida de convites na recepción do establecemento a partir das 19:30h e desfrutar dunha sesión DJ, tamén gratuita, antes do inicio de cada actuación.

As actuacións arrancarán o vindeiro venres 20 de abril co concerto do grupo de pop progresivo Los Estanques ás 21h, precedido por unha sesión DJ a cargo de Alfonso Espiño dende as 20h.

A partir de aquí será a banda de pop Papaya, que está a obter gran recoñecemento con premios de prestixio como El Ojo Crítico de Música Moderna ou o de grupo revelación nacional nos XI Premios Pop-Eye, quen achegará os seus temas ata a azotea do Hotel co concerto que darán o venres 25 de mayo. No mes de xuño será o turno dos ritmos amazónicos a cabalo entre o hip hop e a electrónica do ecuatoriano Mateo Kingman quen, tras pasar en 2017 polo Festival Portamérica e tocar en interesantes propostas en 2018 como o Paraíso Festival en Madrid, pechará a súa xira pola península coa actuación que ofrecerá o venres 15 de xuño no NH Collection Santiago.
Xa de cheo no verán serán as cálidas melodías de cumbia, chicha e afrosound que o grupo madrileño Candeleros traerá ata a terraza do Hotel, as que animarán a noite do 22 de agosto, antes de que, no mes de setembro, o grupo revelación de 2018 e unha das bandas máis demandadas polos festivais da península, Esteban & Manuel, aterren no ciclo co seu xénero único mestura de electrónica, cumbia e autotune o mércores 26 de setembro.
Por último, no mes de outubro, e xa para pechar o ciclo musical, será a banda barcelonesa Mujeres quen fará voar polos ceos composteláns as súas melodías garage-rock&roll o venres 19, a través dun directo que, de seguro, será tan potente como as vibrantes actuacións ás que nos teñen acostumados.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×