Noticias de Hoy
Boneca de Porcelana en Santiago de Compostela
Fecha: 23/09/2017
Horario: 21:30 a 21:30

Boneca de Porcelana en Santiago de Compostela

Boneca de Porcelana en Santiago de Compostela.

Un millonario mércalle un avión á súa prometida como agasallo de vodas. Ten a intención de xubilarse e dedicarse enteiramente a ela. Durante o seu último día na oficina, instrúe ao seu axudante para poder atender os negocios dende a distancia. Pero, xusto antes de saír, recibe unha chamada de última hora que desexaría non ter recibido xamais.

Están os poderosos libres de render contas polos seus actos? Existe unha elite que manexa os fíos con capacidade para variar o rumbo dos acontecementos cunha soa chamada telefónica.  Mamet crea unha intensa e emocionante estrutura teatral de vibrante ritmo que mestura temas recorrentes do autor como o poder da política, a economías e os medios de comunicación, con outros novos como a lealdade e as dificultades do ser humano para rachar co seu pasado. Unha espiral de sucesos que, en menos de 24 horas, modificará para sempre o destino dos seus protagonista e, posiblemente a nosa visión da cara oculta dos donos do mundo.

Actores: José Sacristán, Javier Godino
Dirección: Juan Carlos Rubio
Autor: David Mamet
Versión: Bernabé Rico
Axte. dirección: Chus Martínez
Deseño escenografía: Curt Allen Wilmer
Deseño iluminación: José Manuel Guerra
Deseño son: Mariano J. García López
Figurinista: Guadalupe Valero
Realización vestiario: DERBY 1951
Fotografía e deseño cartel: Sergio Parra
Comunicación e RRSS: Daniel de Vicente
Produción e xerencia en xira: Jacinto Bravo, Salvador Aznar
Distribución: Bravo Teatro
Produción executiva: Bernabé Rico