Noticias de Hoy
Fecha: 30/12/2017
Horario: 12:30 a 12:30

Vermut entre libros con Nacho Carretero en Pontevedra

Vermut entre libros con Nacho Carretero en Pontevedra

“Vermú entre libros” co xornalista e escritor Nacho Carretero, acompañado do actor Morris Durán e dxs xornalistas Pablo Lago e Teresa Cuíñas. E falarán de “Fariña”, o libro de Nacho que xa vai pola 9º edición, da Galicia dos 80, daquel narcotrafico que habitaba nas vilas convivindo entre a xente con certa normalidade, ese que lle tocaba informar a Pablo Lago para Radio Nacional. Tamén falarán da serie inspirada no libro na que traballa Morris Durán interpretando a un dos famosos narcos galegos. E a Teresa Cuíñas, unha vez máis, tócalle ser a mantedora dunha prometedora conversa.

“En saco de liño non lévela fariña ó muíño”, di o refrán. Para esta ocasión levámola en liño e do fino con estxs convidados de luxo que nos acompañarán no derradeiro vermú entre libros do ano.