Noticias de Hoy
vermu
Fecha: 14/03/2020
Horario: 12:30 a 12:30

Vermú entre libros con Iria Pinheiro y María Lado en Pontevedra

Vermú entre libros con Iria Pinheiro y María Lado en Pontevedra.

O Vermú entre libros de marzo recibe a visita das poetas e dramaturgas Iria Pinheiro e María Lado que conversarán coa poeta Oriana Méndez.

Iria e María teñen en común unha diversidade creativa que as leva polos camiños do teatro, a narración, o audiovisual, a interpretación e tamén a escrita.
E da súa marabillosa escrita nace este novo libro, 'Uralita'. Editado por Cuarto de Inverno é, segundo contan na editorial, un proceso de escrita vivo, impúdico, singular, no que se deixan levar polo ímpeto da transmisión oral para que as verbas se transformen nun xeito rabudo de atopar o lugar de pertenza, nun retrato dunha Galiza periurbana que habitan ambas as dúas para agasallarnos con este ser salvaxe que lles naceu e que non quixeron domesticar.