Noticias de Hoy
vermu entre libros
Fecha: 16/09/2017
Horario: 13:30 a 13:30

Vermú entre libros con Emma Pedreira e Ana Cabaleiro en Pontevedra

 

Vermú entre libros con Emma Pedreira e Ana Cabaleiro en Pontevedra

Sapos, sereas, bibliópatas e fobólogos están convocados ao Vermú entre libros con Emma Pedreira e Ana Cabaleiro que celebraremos o sábado 16 de setembro ás 12,30h.
Con Emma e Ana experimentaremos este novo formato de conversa cruzada, suxerido pola Pedreira, no que falarán dos seus libros, dxs personaxes, da vida que as autoras lles deron e que elxs devolven cheas de historias, experiencias, anécdotas, algunhas ben boas que seguro nos han contar.
"Sapos e serea"s, editado por Galaxia, é o primeiro libro de Ana Cabaleiro co que nos descubre unhas historias insubmisas que dan moito que pensar.
En "Bibliópatas e fobólogos", editado tamén por Galaxia, Emma Pedreira fálanos de libros que conteñen libros, libros polos que matar e polos que vivir.

 

Fecha: 16-09-2017

Hora: 12:30

Local/Lugar: libraria Paz

Localidad: pontevedra