Noticias de Hoy
anxo
Fecha: 30/01/2020
Horario: 19:30 a 19:30

Presentación del libro: A Casa del Maestro de Pontevedra (1934-1936)

Presentación del libro: A Casa del Maestro de Pontevedra (1934-1936)

Presentación da obra da Fundación Luís Tilve: A "Casa del Maestro" de Pontevedra (1934-1936). Organización societaria e depuración do Maxisterio. Terá lugar na Casa da Luz de Pontevedra (Praza da Verdura, s/n. Pontevedra)o xoves 30 de xaneiro, ás 19:30 horas. Intervirán: Roxelio Pérez Poza (Secretario da Fundación Luís Tilve), Raúl Gómez Farto (Presidente de Escola Viva), Anxo Serafín Porto Ucha (Doutor en Ciencias da educación e autor), Raquel Vázquez Ramil (Doutora en Historia e autora), Mª Victoria Alonso Méndez (Deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra).

O vindeiro xoves 30 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Casa da Luz de Pontevedra, a Fundación Luís Tilve presentará a súa nova publicación, “A Casa del Maestro de Pontevedra (1934-1936). Organización societaria e depuración do Maxisterio”.

Seguindo a liña do traballo iniciado co noso anterior libro, “La depuración del magisterio nacional en la provincia de A Coruña”, esta nova obra aborda tamén a represión sufrida polos mestres e mestras, nesta ocasión da provincia de Pontevedra, pero nesta ocasión, os autores, Anxo Serafín Porto Ucha e Raquel Vázquez Ramil, o fan centrándose no que foi a “Casa del Maestro”. A través da análise dun amplo relatorio documental, nos mostran os obxectivos e a configuración orgánica e estatutaria da citada institución, o apoio á acción profesional, a acción societaria en torno ás actividades culturais e lúdicas, e o posterior desmantelamento da entidade, a raíz do levantamento militar do 36, coa represión subseguinte destes docentes, especialmente dos vinculados á Federación de Trabajadores de la Enseñanza.

La Casa del Maestro de Pontevedra foi una institución, que desenvolveu a súa acción entre 1934 e 1936 e que chegou a contar con máis de mil asociados, creada polos propios docentes co fin societario de contar cun local onde reunirse e onde desenvolver as súas actividades, sen excluír, en ningún caso, do seu uso, a outras asociacións do maxisterio. Entre os seus fins cabe citar: intercambiar impresións entre profesionais, compartir as súas propias experiencias e tomar contacto coas novas propostas pedagóxicas a través de conferencias, de publicacións integradas na súa biblioteca, que se crea ó efecto, ou da revista Escuela Vivida, na que colaboran moitos dos asociados cos seus artigos e que constitúe un importante vehículo de comunicación e información. Esta revista servirá de inspiración para a denominación do Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva, quen tamén colaborou na edición do libro.