PUBLICIDAD

Feria indiana en Santaballa, Vilalba

Fecha 15-09-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Un ano máis, a parroquia vilalbesa de Santaballa celebrará a Feira do Indiano, que chega xa á súa VIII edición e que levará o título Xornadas sobre Migacións Indianas, unha festa que ten o obxectivo de lembrar a través dunha serie de actos aos emigrantes do século pasado.

A programación prevista para esta xornada terá o seu inicio sobre as 12.30 horas coa presentacicón dos actos e a inauguración das exposicións etnográficas e fotográficas, como vestimentas eclesiásticas, antes do partido de fútbol da categoría veteranos que enfrontará ao Santaballa de Arriba co Santaballa de Abaixo.

O dúo D’Ases será o encargado de poñer a primeira pinga de música á xornada coa interpretación dunha serie de pezas en sesión vemú e antes do xantar popular.

Este será servido por Rochela e contará cun menú en base a xamón cocido, polbo, carne asada, postre, bebidas, café e chupito, todo por un prezo de 22 euros. Os nenos de entre 7 e 12 anos pagarán a metade e será gratuíta para os máis pequenos. Antes do remate do xantar, sobre as 16.00 horas, están previstos os pasarrúas a cargo das charangas Santa Compaña e Entre lusco e fusco e do espetáculo Cé Orquestra Pantasma.

A tarde, tras o apartado musical, estará adicado aos xogos infantís, que estarán a acrgo de Puzzle Animación, que realizarán diferentes talleres. Apara os adultos haberá postos de venda, demostracións de artesáns, xogos tradicionais, cabezudos, obradoiros de traballos antigos, música tradicional, visitas guiadas, gravacións audiovisuais e exposicións vinculadas cos comezos do séculos XX.

O espectáculo nocturno dará comezo cunha queimada popular, un “espectáculo terrorífico”, tal e como afirma a organización do festexo, e que está programada para as 20.30 horas. A continuación, haberá foliada a cargo do dúo D’Ases.

O prazo para participar como expositor aínda está aberto para todos os artesáns, postos de venda e persoas que desexen asistir. Por outra banda, os que desexen participar  no xantar poden reservar o seu sitio nos teléfonos 637 029 775 ou no 652 790 220.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×