Taller de escritura creativa en Pontevedra

Fecha 5-02-2018
Hora 17:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Taller de escritura creativa en Pontevedra

‘A palabra común’, obradoiro de escrita creativa para adultos con María Lado.

A maneira máis fácil de aprender a escribir é escribir. Escribir moito. Pero non nos enganemos, as musas son rapazas moi ocupadas e non sempre nos visitan. Por iso é bo ter as nosas propias técnicas e recursos, pois hai moitas cousas que podemos aprender e practicar. E todo isto sen perder de vista que tan importante é pasalo ben mentres se escribe. Gozar coa palabra. 
Este obradoiro está dirixido a todas aquelas persoas que senten pracer pola escrita, teñan ou non experiencia. O seu obxectivo é ofrecerlles ferramentas personalizadas coas que poidan enfrontarse ao papel en branco, afrontar a creación dun texto literario de calquera tipo ou simplemente experimentar e sorprendernos. A través de exercicios, xogos e actividades moi diversas exploraremos, aprenderemos, escribiremos, gozaremos e leremos. Compartiremos esa paixón común que temos pola palabra.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×