Noticias de Hoy
solpores 1
Fecha: 01/07/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Solpores no Lagoeiro

Solpores no Lagoeiro chega á súa segunda edición tras superar  con éxito á proba á que a covid-19 someteu a toda a poboación  en xeral, e ao eido cultural en concreto, durante o pasado ano.  Achegar á comarca da Estrada un ciclo de concertos con artistas  galegos e nacionais de cabeceira, volta a ser o obxectivo principal  dun evento que avoga pola diversidade de xéneros e estilos, a  paridade sobre os escenarios e a cultura gastronómica nun  entorno rural, íntimo e privilexiado: A Casa do Lagoeiro, na Estrada.

A natureza desta paraxe servirá novamente de marco a un  ciclo que se desenvolverá entre os meses de xullo e agosto,  incorporando unha coidada selección de 9 artistas e bandas a un  nutrido cartel. Os distintos espectáculos encadraranse, como o  propio nome indica, na franxa horaria do solpor. 

Todas as entradas, nas súas diferentes modalidades, xa se atopan  actualmente á venda, pudendo acceder a través da páxina web  www.solporesnolagoeiro.com directamente a elas. 

O aforo máximo para os espectáculos será de 400 persoas, sempre que a normativa sanitaria así o permitan.

PROGRAMA

  • Rosa Cedrón o xoves 1 de xullo
  • David Otero o xoves 8 de xullo
  • Bebe o xoves 15 de xullo
  • Davide Salvado o xoves 22 de xullo
  • La Bien Querida o venres 30 de xullo
  • Escuchando Elefantes o venres 6 de agosto
  • Café Quijano o xoves 12 de agosto
  • Adrián Costa Blues Band o xoves 19 de agosto
  • Alvariza o xoves 26 de agosto
solpores