Semana Santa no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Fecha 1-04-2021 a 4-04-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Este ano no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro prepara unha Semana Santa con moito sentidiño. Pódese visitar o Parque pola túa conta, aproveitando o horario ininterrompido de 10:00 á 20:00 horas e gozar das mesas para o pícnic.

No caso do público familiar, hai dúas activades especiais: Obradoiros familiares ás 11:00 horas e Petroquiz ás 17:00 h. (Visita guiada-concurso de preguntas). Ou se queremos que algún expert@ explique máis sobre os petróglifos, hai dúas visita guiadas cada día, ás 12:30 h. e 17:00 h. .

A programación das actividades foi deseñada loxicamente para cumprir as medidas de seguridade necesarias pola irrupción do Covid-19, incidindo no distanciamento social, control de aforo e medidas hixiénico-sanitarias. Por esta razón é obrigada a reserva previa de praza en todas estas actividades no teléfono 886 151 195 ou no correo reservas@paar.es.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×