Proxección film: Amour Fou en Pontevedra

Fecha 6-02-2018
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Proxección film: Amour Fou en Pontevedra

Proxección en VOSE do filme “Amour fou” (Yessica Hausner, 2014, Australia, 96 min.), organizada polo Cineclube Pontevedra.

No seo da xélida aristocracia alemá decimonónica, preocupada ao ver en perigo os seus privilexios pola influencia das ideas revolucionarias importadas dende Francia, o mozo poeta Heinrich decide poñerlle fin á súa existencia e proponlle á súa curmá Marie suicidárense xuntos. Ante o escepticismo de Marie, o poeta reitéralle a súa proposta a Henriette, nai de familia admiradora da súa última novela. Henriette verase tentada de aceptar despois de coñecer que padece unha enfermidade incurable… Conseguira este poeta atormentado que algunha muller o acompañe polo menos na morte? ”

Amour fou” é unha “comedia romántica” inspirada libremente no suicidio do autor d’A marquesa de O, Heinrich von Kleist, en 1811.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×