Lulavai: Lembrame un soño + Ballet

Fecha 4-10-2015
Hora 17:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

lulavai

Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto, onde o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces, dan vida a unha formación única, chamado Lulavai.

Lémbrame un soño é o seu segundo traballo, publicado en decembro de 2014. Evoca no seu título a canción do famoso cantante portugués Fausto e reflicte perfectamente a atmosfera acadada neste CD. A peza que abre o álbum, “Meniña de Auga”, resulta finalista na categoría de mellor canción orixinal no XIV Premios de Música de Raíz de La Opinion en 2015.

Temas de propia composición, sen perder o punto de referencia da a música tradicional galega, e pinceladas de músicas do mundo, clásica, jazz, dan forma a este traballo de evocativos e orixinais sons.

O domingo 4 de outubro estarán na Illa do Covo, onde a escultura de A casiña para deleitarnos coa súa música ao tempo que algúns compoñentes do ballet do Centro Coreográfico Galego interpretarán algunhas das súas pezas. Entrada libre.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×