Festival de Cans 2021

Fecha 1-09-2021 a 4-09-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A XVIII edición do Festival de Cans celebrase do 1 ao 4 de Setembro do 2021.

A estrea do filme ‘Donde acaba la memoria’ servirá para abrir edición e a película supón a estrea como director do cineasta vigués Pablo Romero-Fresco.

‘Donde acaba la memoria’ é un emocionante documental protagonizado polo célebre historiador hispanista de orixe británica Ian Gibson. A estrea terá lugar no serán do día 2 de setembro no novo emprazamento do Centro Cultural Municipal do Porriño. Será inmediatamente despois do remate da “Tarde Coira”, adicada ao cineasta galego Jorge Coira e na que tamén vai ser estreado o filme documental ‘Beiras, vivir dúas veces’.  Na película, o tamén autor de éxitos coma a serie ‘Hierro’ ou a película ’18 comidas’ achégase ás vidas do histórico político galego. Ademais na “Tarde Coira” se poderá ver un avance do último filme do director ‘Proyecto Emperador’.

O Festival de Cans porá á venda na súa tenda online, e cun desconto de máis do 30% sobre o prezo oficial, 200 abonos para asistir ás proxecións das curtametraxes que participarán na sección oficial do certame. Serán 100 abonos para as sesións de mañá e outros 100 para as de tarde. Nos packs, que custan 21,50 euros, gastos de xestión incluidos, engádense ás entradas, a camiseta, o catálogo do festival e unha chapa de edición limitada. Poderánse mercar a partir das 10 horas de mañá xoves en https://tenda.festivaldecans.com/. O prezo dos produtos por separado, sen a promoción de lanzamento, é de 27 euros.

Ademais, dende esa mesma hora ábrense as inscricións para a estrea de “Donde acaba la memoria” e para a estrea da “Tarde Coira”. A asistencia é de balde pero baixo rexistro. Dadas as actuais limitacións de aforo, só hai 75 entradas dispoñibles para o público para cada un dos eventos.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×