Exposición en Pontevedra: Na beira do río. Diálogos dende a pintura

Fecha 22-09-2016 a 20-11-2016
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Na-beira-do-rio.-Dialogos-dende-a-pintura

Exposición en Pontevedra: Na beira do río. Diálogos dende a pintura, de Yolanda Dorda y Rosa Úbeda.

Neste ano 2016 chegamos á sexta edición desta cita no outono coa pintura de Rosa Úbeda (Pontevedra, 1958) e Yolanda Dorda (Barcelona, 1974) ambas propoñen unha pintura chea de referencias á muller e ao seu papel nesta sociedade na que moitas veces, lamentablemente, vese acosada e desprezada por unha serie de actitudes que non falan nada ben do mundo que estamos a desenvolver como colectivo. Cuestións como a soedade, a violencia, a inseguridade ou os medos agroman nas pinturas de ambas, aínda que o fan dun xeito moi diferente. Un modo de dialogar dende o enfrontamento visual e as relacións das figuras humanas coa súa contorna. A arriscada liberdade formal e conceptual á hora de configurar o cadro por parte de Rosa Úbeda contrasta coa pintura máis tradicional, plantexada dende a evidencia da pincelada, de Yolanda Dorda.

En definitiva, un encontro pictórico que amosa novas posibilidades da pintura fronte as edicións anteriores pero que, sobre todo, rexistra outra vez a capacidade da pintura para traducir moito do que acontece na nosa sociedade plantexando novos camiños de sedución para os amantes desa disciplina.

Comisario: Ramón Rozas

Horario de exposicións
De martes a vernes de 17.00 h a 21.00 h
Sábados: de 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h
Domingos e festivos: de 11.00 h a 14.00 h
Luns pechado

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×