Noticias de Hoy
Fecha: 17/10/2017
Horario: 00:00

XXII Media Maratón en Pontevedra

XXII Media Maratón en Pontevedra

O Medio Maratón de Pontevedra é unha carreira pedestre de forma “individual” ou/e formando parte dun “equipo mixto 3”, organizada anualmente na cidade de Pontevedra que fai un percorrido polo centro histórico e outras zonas da nosa cidade.

Esta proba deportiva está engadida no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e do Circuito de Carreiras de Pontevedra (CCCP).

Evento organizado polo Concello de Pontevedra e Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

O prazo de inscrición remata o martes 17 de outubro.

ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar co a Rede Axuda poderán facelo en tregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución (preferentemente aceite, leite, conservas,...)

INSCRICIÓNS NO MEDIO MARATÓN PONTEVEDRA CAIXABANK 2017. Todas as categorías faranse en Ata as 23:59 horas do día 17 de outubro de 2017 e non se admitirán inscricións posteriores. Para a carreira haberá dous prazos para inscribirse:
-Ata as 23:59 horas do 30 de setembro e na que o/a deportista pagará a cota “Reducida” de 15 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip.
-Dende o 01 de outubro e ata o remate do prazo de inscrición e na que o/a deportista pagará a cota “Xeral” de 20 € máis, de ser o caso, 1 €de aluguer de chip.

Para a carreira por EQUIPOS MIXTOS DE 3 os compoñentes do equipo deberán estar inscritos /as previamente de xeito individual na propia web, un/ha dos tres atletas sinalarase “capitán/a” que será o encargado de crear o equipo , e enviar e xestionar as invitacións aos outros/as compoñentes do equipo, sempre dentro da web de ChampionchipNorte.

Reglamento