Vermú entre libros con María Xosé Queizán en Pontevedra.
O vermú entre libros do mes de febreiro acolle a visita de Maria Xose Queizan que conversará coa xornalista Llerena Perozo Porteiro.
A conversa de María Xosé e Llerena estará centrada na biografía da escritora 'Vivir a galope', testemuña literaria dunha vida intensa e comprometida.
María Xosé Queizán, escritora, ensaísta, poeta, tradutora, activista, directora da revista 'Festa da palabra silenciada' e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega.