Noticias de Hoy
discosporno
Fecha: 13/12/2013
Horario: 20:30

Uzumaki y Vietnam

Outra noite de ruidaco e mandangas varias de Seara Records e Discos Porno na primeira visita de ambas as dúas bandas ao Liceo Mutante.

VIETNAM é unha banda barcelonesa de thc/punk e ruído de tranks que ata agora centrou a súa produción no casete a través dunha demo autoeditada a finais de 2012, e o 'Amanecer EP'(Feb'13) e un split con Los Locos Hongos(Set'13) editados polo colectivo vigués Seara Records.

Web: www.vietnam.bandcamp.com

UZUMAKI significa espiral en xaponés. Pero tamén significa que a túa nai enganate con outros mamíferos e que a censura dos pixeis só afecta a un mínimo sector da carne, e que a censura dos pixeis xera trastornos e grotescos filias, e que as filias axudan a que todo marche ben, todo marcha, todo marcha ben cariño.

A marcha ten unha relación indirecta coa velocidade e a infalibilidade pontificia das máquinas. Os compoñentes humanos son un mero trámite. Tamén significa merda.

Web: www.discosporno.bandcamp.com