Torneo Urban 3x3 Baloncesto XVII Edición
1. ACTIVIDADES:
- Torneo 3x3.Competición de triples (para os equipos que se inscriban nas categorías Cadete, Xunior e
Senior). - Competición de tiros libres (para os equipos que se inscriban nas categorías Benxamín,
Minibasket e Infantil).
2. HORARIOS:
O Torneo terá xornada de mañá e de tarde:
O representante de todo equipo que participe deberá presentarse na carpa
da organización de 10:00 a 10:45 h para entregar a ficha de inscripción
segundo modelo adxunto totalmente cumprimentada, comprobando que os
xogadores non poderán ser máis de 5, e certificando que son eses os que
disputarán o campionato: Entregarán as follas de autorización do uso da
imaxe (categorías inferiores…).
Comezo: Pola mañá de 11:00 a 14:00 aproximadamente. Dependendo dos
equipos inscritos. Pararemos ou non á hora da comida.
Pola tarde de 16:00 a 21:00 aproximadamente (en función de inscricións).
No caso de parar para comer farase unha parada sobre as 14:00 h. e
reanudarase a unha hora que se confirmará por megafonía ao remate da
xornada de mañá.
3. OBSEQUIOS:
- Bebida (2 unidades mínimo).
- Trofeo e Medalla para os campións de cada categoría + un lote de productos.
- Trofeo e Medalla para os subcampións de cada categoría + un lote de productos.
- Na categoría senior haberá premio económico e dependerá do número de equipos
inscritos, nunca será superior a 500 € repartidos entre o 1º e 2º posto. A cantidade do
mesmo comunicarase á primeira hora da mañá. - Trofeo e medalla para o campión de Tiros libres+ regalo.
- Medalla para o subcampión de Tiros libres.
- Trofeo e medalla para o campión de Triplas + regalo.
- Medalla para o subcampión de Triplas