Noticias de Hoy
Sin título 1
Localidad: A Rúa
Fecha: 15/05/2018
Horario: 22:00

Teatro: Señora que pasea pola rúa dous cans preciosos en Pontevedra

Teatro: Señora que pasea pola rúa dous cans preciosos en Pontevedra


Este espectáculo é un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez que se escribía a si mesma coma unha señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos. Queremos lanzar, un convite aberto a todos os públicos que busquen- precisen-disfruten, de universos de imaxes e letras, de mulleres que viaxan a contracorrente, de accións e camiños por camiñar.

Escritora, mestra, loitadora, artista, defensora da lingua, María Victoria Moreno é pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, mestra apaixoada polo ensino, namorada da boa literatura, e de escoitar e falar cos cachorros dos humáns, como lle gustaba chamar ao seu alumnado.

Sementadora de futuro que exploraba camiños diferentes para mundos mellores coa previsión de advertir das paisaxes fermosas ou das cárcavas perigosas ás xentes que veñen detrás.

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos mete os pés teatro e camiña no escenario da man de María Victoria para revelar estados de ánimo, ilusións, medos, incertezas e esperanzas, porque nós cremos, coma ela, que As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos.