Domingos do Principal: Rubicundo en Pontevedra
Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara neste personaxe, enfundado nun gabán e chapeu de copa. Ninguén, agás Erea. Disposta a chegar até o fin daquel misterio…
Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora…
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias…
Teatro de actor.
Duración: 50 minutos Recomendado a partir de 5 anos