Teatro: R.E.M Capítulo 2 en Pontevedra
Segundo capítulo: Rematando Encargas Masivas
As amigas do grupo de teatro comunitario da Sala Ingrávida convídannos esta fin de semana a desfrutar doutra tolemia de ensoñacións.
Este segundo capítulo, cheo coma sempre de acción, de divertimento e de grandes acontecementos que mudarám o desenvolvemento das circunstancias das operarias da fábrica de soños, faise eco dalgúns dos soños que compartistes connosco na posfunción do capítulo pasado. Se cadra o teu soño faise realidade esta fin de semana nas táboas de Ingrávida. Ademais contamos coa colaboración dunha amiga da comunidade ingrávida e público asíduo e fanático do teatro comunitario. Vas perder este capítulo de r.e.m???
O novo proxecto dos Inestables decide explorar o mundo dos soños e os mecanismos que producen no ser humano o feito de facelo. Soñar nun sentido amplo, estético e metafórico, asi é como desta vez queremos contar que a sociedade cada vez soña menos, desexa menos, está insensibilizándose culturalmente e para iso está tomando “pílulas para non soñar”.
A nosa aportación nesa nova viaxe teatral é ofrecer ao público a posibilidade de repensar a realidade. Unha realidade que está colonizada polos fármacos e polas farmaceúticas, onde semella que xa non somos quen de crear os nosos estímulos, nin sequera quen de cronstruir os nosos propios soños, semella que a manipulación xa se instalou no noso subconsciente.
Co escenario como ferramenta poremos en pé soños da comunidade que nos vai permitir coñecérmonos, crear vínculos e reflexionar sobre o estado de anmesia cultural que padecemos.
Nesta tempada o Teatro Comunitario atrévese a penetrar nas estruturas dos soños, nos mecanismos que nos diferencian dos zombies e asi plantexar a realidade dunha sociedade narcotizada.
Cada vez soñamos menos e iso nótase, anestesiamos os nosos sentidos e non somos quen de percibilo, precisamos dun grupo de persoas que se atreva a demostrar que as pílulas non acougan a alma e moito menos a conciencia.
Asi é como queremos denunciar a falta de acción cultural, transformando o escenario ingrávido nunha fábrica de soños que nos permita contrastar co público a nosa tese, que expón unha sociedade gris e opaca que ten como obxectivo cumprir na vida con todas as cadeas que inventou o neoliberalismo xunto cas farmaceúticas para non sentir. Nin dor, nin pracer, nin rabia, nin indignación... e sobre todo que non nos permita pensar e asi seguir traballando para a engranaxe mortal namentres a nosa vida esmorece.