Teatro: Lúa en Vigo
Na terra algo acontece; hai moito ruído..., berros..., enfados..., a Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse... Así que decide baixar á terra e saber o porqué de tanto barullo...
Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico, a relación que temos as persoas no noso mundo que nos levan a non entendernos e provocar medos e violencia... Da man dunha nena chamada Lúa, percorreremos o mundo da xente adulta cos ollos da infancia...