Teatro: Casa O Rei en Vigo
Con Casa O’Rei Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con O Furancho e Raclette. Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de O Rei Lear de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, ácedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida