Noticias de Hoy
311944_description_P5270062
Fecha: 09/02/2018 a 10/02/2018

Teatro: As metamorfoses de Pulcinella en O Porriño

Teatro: As metamorfoses de Pulcinella en O Porriño

A commedia dell'arte volta á carga cun espectáculo a cargo do profesor Dr. Fernando Llera, da ESAD de Galicia, e a súa equipa de alumnado de interpretación, que xa nos teñen acostumados ao máis alto nivel interpretativo para unha especialidade teatral que require de moita habilidade xestual, acrobática, musical, etc.

As Metamorfoses de Pulcinella, é unha adaptación do canovaccio do mesmo nome, pertencente á colección de Luigi Fasso sobre os manuscritos da Biblioteca Nazionale di Napoli.Con Pulcinella como personaxe principal, a acción concéntrase no xogo do travestimento e o disfraz, ao que a personaxe ten que recurrir para burlar a rigorosa sobreprotección que o Dottore Gratiano, un pai excesivamente celoso, exerce sobre as súas fillas.

Reparto:

Erea Arocas – Clelia, Enamorada

Almudena Besada – Rosetta, servetta

David Carbó – Coviello, Primo Zanni

Yago Durán – Lucio, Enamorado

Martín Espantoso -  Horacio, Enamorado

Carlos Gallego – Pulcinella, Secondo Zanni

Alejandro Mejuto – Dottore Gratiano

Judith Ortigueira – Rosaura, Enamorada

Escenografia: Carmen Romero

Mascaras: Stefano Perocco

Vestuario: Ana Arteaga

Profesora de Técnica Vocal: Nuria Montero

Asesora de mimo: Alicia Corral

Profesor: Nando Llera