Seminario de Exiptoloxía en Pontevedra
Museo de Pontevedra
Do 19 ao 21 de xullo o salón de actos do Sexto será o escenario onde se celebrará unha nova edición do Seminario de Exiptoloxía, baixo o título Mitos e logros da Arqueoloxía en Exipto, a cargo de profesores do IEAE. Comezarán ás 19:30 h
Este Seminario, ademais de tratar dos mitos que foron xurdindo ao longo da historia arredor dos achados arqueolóxicos en Exipto, achegará novos datos sobre as investigacións derivadas da última campaña realizada polo Instituto de Estudios del Antiguo Egipto, dentro do proxecto Visir Amen-Hotep.
A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.
O programa de conferencias é o que segue:
Mércores 19
“Carter e Tut-Anj-Amon, unidos na eternidade” por Teresa Bedman
Xoves 20
“A resurrección dos templos de Karnak” por Alberto Abello
Venres 21
“Proxecto Visir Amen-Hotep: campaña 2016” por Francisco Martín-Valentín