Noticias de Hoy
Seara 1196
Fecha: 06/02/2014 a 10/03/2014

Seara 1196

Seara 1196. Exposición colectiva da plataforma Seara Records

A particularidade desta exposición reside en que cada artista utilizou para a ocasión un boneco de porcelana (o mesmo modelo en cada caso) para a elaboración dunha obra plástica. Dez bonecos made in Seara que serviron como fonte de inspiración, material ou motivo para cada artista e que constitúen o nexo temático de Seara 1196.

Xunto a estas obras específicas, exhibiranse tamén distintas creacións dos mesmos artistas desligadas da temática central.

Os artistas son Nico Ben, Alejandro Gaudino, Santi Zubizarreta, Paula Sobrino, Óscar Raña, Sandra Mg, Julia Huete, Maia Kapouski, Javi Nogueira e Luis Romero.

Lugar: Portal 48. Avenida de Lugo, 6.
Horario: de luns a venres, de 10 a 13:30 h. e de 17 a 20:30 h. Sábados, de 10 a 13.30 h.