Noticias de Hoy
san silvestre nigran E
Fecha: 30/12/2017
Horario: 17:00

San Silvestre Solidario de Nigrán en Pontevedra

San Silvestre Solidario de Nigrán en Pontevedra

A proba deportiva, non competitiva, consta de andaina de 4 km e carreira de 6 km, con saída ambas ás 17:00 horas dende a Piscina Mancomunada de A Ramallosa (lugar tamén da meta). A carreira irá ata Panxón e a andaina bordeará todo Monte Lourido. Os interesados poden inscribirse achegando 1 kg de alimentos non perecedoiros ata o 28 de decembro ás 23:00 horas na Piscina. Todo o recadado será destinado aos Servizos Sociais do Concello de Nigrán para que dende este departamento se distribúan entre as persoas máis desfavorecidas.

Como novidade este ano, os corredores serán agasallados cun gorro de Papá Noel coa intención de que participen con el na proba e, a súa chegada, recibirán un chocolate quente. Ademais, sortearase unha bicicleta entre todos os participantes.

O colofón da proba será o concerto de Argonats Band ás 18:30 horas na chegada a meta, que precisamente está situada na rúa Argonautas (diante da piscina) que leva este nome dende hai dous anos en homenaxe a este club de atletismo. Argonat Band é un grupo de R&B e Pop configurado por seis acordeóns, violín,gaita, baixo eléctrico e batería que fan versións dos clásicos.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635