Noticias de Hoy
A REVOLUCION
Fecha: 22/03/2019 a 12/04/2019

Salón del Libro infantil y juvenil 2019 de Pontevedra: A Revolución

Salón del Libro infantil y juvenil 2019 de Pontevedra: A Revolución.

O dicionario da Real Academia Galega defíne a REVOLUCIÓN como o cambio profundo e brusco das estruturas políticas, sociais e económicas dunha sociedade; levantamento ou sublevación popular que busca un cambio, pero tamén, un cambio rápido e profundo en calquera cousa.

Por iso podemos falar das revolucións concretas e recoñecidas polo nome do país no que se produciron aínda que moitas veces a súa onda de expansión chegara a moitos outros, como a revolución francesa ou a rusa, a mexicana ou a de abril en Portugal. Outras, supoñen un cambio a nivel científico ou tecnolóxico como a industrial, tecnolóxica ou informática. Outras fundamentais, máis lentas e que están en pleno proceso, pero tamén transformadoras como a feminista, a pacifista ou ecoloxista.

A palabra revolución ten carisma, especialmente cando non leva apelido. É un termo que nos remite á utopía, á busca dun futuro mellor, á crenza de que outro mundo é posible,  e ponnos no camiño da transformación da realidade que desde o Salón cremos que se pode e que se debe facer tamén a través dos libros.

Que así sexa!

PROGRAMACIÓN

Xoves 21 de marzo de 2019

12.00 h • EXPOSICIÓN. Biblioteca pública Antonio Odriozola.
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Un camiño para acabar coa pobreza alá e acolá.

Dezasete propostas plásticas de ilustradores e ilustradoras de Galiza, Mozambique, Cabo Verde de Guinea-Bissau, que pretenden fomentar a reflexión sobre a loita contra a fame, o acceso á saúde e á educación, a equidade de xénero e a protección do planeta. Realizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.


Venres 22 de marzo de 2019

12.00 h • INAUGURACIÓN. 2º andar Claustro Edificio Sarmiento Museo de Pontevedra.
MOTIM. Movimento de ilustração portuguesa

Un movemento de voces e imaxes onde a ilustración portuguesa se revela cos seus propios trazos, cores e formas a partir da obra de 35 creadoras e creadores plásticos do noso país veciño. Mostra creada por Carpe Librum e O Bichinho de Conto, con apoio da Direção-Geral do Livro, dos Arquivos e das Bibliotecas (DGLAB) de Portugal. Asiste a comisaria Mafalda Milhões.

A continuación da inauguración realizarase unha visita guiada pola mostra.

18.00 h • ROTEIRO
Unha cidade de conto
Turiña

Roteiro familiar para coñecer e visitar as librarías da nosa cidade, enfiado con contos, xogos e probas de enxeño. Público familiar. Prazas limitadas con inscrición previa no enderezo electrónico: turinapontevedra@gmail.com

19.00 h • ROTEIRO. 2º andar claustro Edificio Sarmiento Museo de Pontevedra.
MOTIM. Movimento de ilustração portuguesa

Roteiro guiado pola ilustradora e comisaria Mafalda Milhões para o estudantado de ilustración de Pontevedra. Actividade con capacidade limitada e reserva previa no enderezo electrónico: ponteilustra@gmail.com.


Sábado 23 de marzo de 2019

12.00 h • ESPECTÁCULO. Auditorio do Pazo da Cultura.
Inauguración oficial do XX Salón Internacional do Libro de Pontevedra co concerto Paseniño, paseniño: 20 anos de revolución.

Un libro é un mar eterno de revolución e ilusión. Así foi taména chegada do Salón a Pontevedra hai dúas décadas. Neste espectáculo inaugural conxúganse a performance, a música e os contos para celebrar estes vinte anos de revolución lectora e render homenaxe á lusofonía e á poesía de Antonio García Teijeiro. Participan o Quinteto de Metais do Conservatorio de Pontevedra, o coro do IES da Xunqueira I, Nee Barros, PavísPavós e Raquel Queizás baixo a dirección de Marcelo DoBode. Entrada libre ata completar capacidade.

13.30 h • CONTACONTOS
Contos revolucionarios

Raquel Queizás e a nosa convidada de Brasil Benita Prieto
percorrerán o Salón e encherano de contos revolucionarios
dunha beira e doutra do Atlántico.

17.00 h • OBRADOIRO GASTRONÓMICO. Recinto Ferial.
Cociña lusófona: Petiscos do Brasil con Amelia Andrade.

Que mellor maneira de coñecer un país que a través dos seus contos e a súa gastronomía? Por iso inauguramos este espazo gastroliterario no Salón, para achegarnos a Brasil e levar desta viaxe un bo sabor de boca.

17.30 h • OBRADOIRO REVOLUCIONARIO. Espazo Reviravolta.
Rebélate!

Nova Xestión Cultural Unha das características dalgunhas revolucións é a loita contra as desigualdades e as inxustizas. Neste obradoiro reflexionaremos sobre este aspecto a través dun contacontos participativo baseado nas Revoltas Irmandiñas. Que gañe a xustiza e o ben común! A partir de 5 anos. Aforo limitado

17.30 h • OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN. Sala de Obradoiros.
Entendes ou debúxocho? André Neves.

Neste obradoiro teremos a oportunidade de conversar co noso ilustrador convidado de Brasil, André Neves. Poderemos falar, escoitar e debuxar a partir de diversos libros visuais, porque unha historia tamén se pode contar e ler con imaxes. A partir de 7 anos. Aforo limitado.

18.00 h • MASTERCLASS
Masterclass de ilustración
Roger Mello (Brasil) ilustrador galardonado co Premio Andersen.
Capacidade reducida e inscricións previas no enderezo electrónico: ponteilustra@gmail.com. Público adulto.

18.15 h • CONTACONTOS. Recinto Feiral. Anfiteatro.
Contos que cruzan océanos: Paula Carballeira e Benita Prieto

Os contos son barcos que cruzan océanos e serven para coñecernos e encontrarnos. Así, Paula Carballeira, de Galiza, e Benita Prieto, de Brasil, farán un particular duelo contístico a dúas voces que dará moito que falar (e que escoitar!).  Público familiar.

19.00 h • ESPECTÁCULO MUSICAL. Auditorio Pazo da Cultura.
ESTREA!
A nena e o grilo máis aló **
Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos

A nena e o grilo corren novas aventuras; un día esmagan, sen querer, á súa amiga Xertrude, a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos, onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. Unha historia que nos transporta ás procuras máis insólitas. Público familiar. 3 euros asistente.

19.00 h • PRESENTACIÓN. Espazo BD. Recinto Feiral.
A viñeta de Schrödinger.
Segundo volume da revista de BD Galega.

Editado pola Mesa pola Normalización Lingüística
Interveñen Kiko Dasilva, director, e diversos colaboradores desta nova achega.

21.00 h • NOITES ABERTAS. CEIP Froebel.
Cociña lusófona

Aprenderemos a preparar unha deliciosa feijoada brasileira ao tempo que escoitaremos contos e lendas do Brasil, un dos países convidados á XX edición do Salón. Contos e pratos a pedir de boca!
Mocidade de 12 a 30 anos. Prazas limitadas. No caso de que a demanda supere o número de prazas, farase un sorteo no mesmo lugar.


Domingo 24 de marzo de 2019

11.30 - 12.30 -13.00 h • OBRADOIRO. Espazo Reviravolta.
A revolución dos libros e dos sentidos
Anxo Fariña

Habitualmente os libros gozámolos só coa vista mais, que pasaría se os puidésemos tamén gozar con sentidos como o oído ou o olfacto? Neste obradoiro experimentaremos cunha peza artística que poderemos ver, tocar, ouvir e tamén ulir. Iso si que vai ser ilustrar con todos -ou case todos- os sentidos.
Para crianzas de 3 a 6 anos acompañados/as dunha persoa adulta. Aforo limitado.

11.30 h • OBRADOIRO DE STOP MOTION. Espazo Saudade. 
Acción! Revolución!
Kraken

O cinema foi sen dúbida unha revolución á hora de contar historias con imaxes. Neste obradoiro traballaremos a técnica tradicional do stop-motion para crearmos personaxes do máis animado.
A partir de 6 anos. Capacidade limitada.

12.00, 17.00 e 18.30 h • TEATRO. Sala de Obradoiros. 
Comenoites ** Os náufragos

Comenoites é un trasgo barrigudo ao que lle encanta comer a noite para que o sol poida raiar día tras día, traendo luz e calor. Un día a Lúa dille que está moi gordo e Comenoites deixa de comer... Este espectáculo baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha fermosa historia coa que as crianzas descubrirán os misterios da existencia do día e da noite.
Espectáculo para bebés de 1 a 3 anos. Capacidade limitada (40 bebés+1 acompañante).
Prezo 3 euros por asistente.

12.30 h • MÚSICA. Recinto Feiral. Anfiteatro. 
Canta música! Pablo Díaz

Concerto obradoiro de xogos-bailes tradicionais combinados coas cancións máis modernas do autor Pablo Díaz. Con distintos instrumentos e músicas de diversas épocas montaremos unha pequena orquestra. Aprenderemos algúns xogos das avoas, bailarémolos e remataremos aprendendo danzas, coros e xesticulacións dalgúns dos temas máis populares de TIC TAC, TOC TOC, TIC TAC TOC e XENTE MIÚDA MOITA FARTURA. Público familiar.

13.00 h • CONTACONTOS. Bar Pavero. Campiño de Santa María.
Contos con Cachaça

Sesión de contacontos para público adulto e familiar a cargo na nosa convidada brasileira Benita Prieto. E para quedar con mellor sabor de boca, serviranse cócteles e petiscos do seu país. Bacana!

17.00 h • OBRADOIRO GASTRONÓMICO. Espazo Gastroliterario. Recinto Feiral.
Cociña lusófona: petiscos de Portugal
Amelia Andrade

Que mellor maneira de coñecer un país que a través dos seus contos e a súa gastronomía? Por iso inauguramos este espazo gastroliterario no Salón, para achegarnos a Portugal e levar desta viaxe un bo recordo no padal. Para crianzas de 4-7 anos. Aforo limitado.

17.30 h • OBRADOIRO. Espazo Reviravolta.
Carvoeirinhos. Roger Mello

Os carvoeirinhos son os rapaces que traballan nas minas de carbón de Brasil. O Premio Hans Christian Andersen Roger Mello conta a historia dun deles, con sensibilidade e delicadeza. Neste obradoiro achegarémonos a esta dura realidade a través da palabra e dunha proposta plástica colectiva. A partir de 7 anos. Aforo limitado.

17.30 h • OBRADOIRO. Espazo Saudade.
A Revolución dos Robots!
Revira Volta

A partir da narración do conto Wendell e os Robots reflexionaremos sobre a relacións dos humanos coas máquinas e iniciaremos unha actividade fantástica e futurista na que confeccionaremos os nosos propios robots a partir de material de refugallo. Para crianzas de 5-7 anos. Prazas limitadas.

18.00 h • CONTACONTOS. Recinto Feiral. Anfiteatro. 
A revolución das palabras
Bea Campos

Unha divertida sesión de contos con música en directo a cargo de Bea Campos, na que os nenos e as nenas escoitarán revolucionarias historias que axudarán a abrir mentes e derrubar muros coa forza das palabras. Público familiar.

19.00 h • TEATRO. Auditorio Pazo da Cultura. 
ESTREA! Mai Mai
Baobab Teatro

Unha xornalista e un fotógrafo farán unha viaxe fantástica e último oso panda do planeta. Público familiar. 3 euros asistente.

19.00 h • CINEMA NO PRINCIPAL. Teatro Principal de Pontevedra.
O menino e o mundo
Alê Abreu, Brasil, 2013

Cuca é un neno que vive coa súa familia nunha idílica zona rural do Brasil. Cando o seu pai ten que marchar traballar á cidade, el decide emprender unha viaxe para atopalo. Unha aventura apaixonante que o vai levar a descubrir outro mundo, controlado pola tecnoloxía e as máquinas. Unha viaxe lírica e onírica que ilustra os dilemas do mundo actual baixo a mirada inocente dun cativo. Unha excepcional xoia da animación actual, seleccionada para os Óscar no 2016 e gañadora de máis de 40 premios internacionais. Proxección a cargo do Cineclub de Pontevedra
Duración: 80 min.
Público familiar, recomendado a partir de 8 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade.


Luns 25 de marzo de 2019

10.30 h • MASTERCLASS. Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Masterclass de ilustración

A cargo do ilustrador André Neves, Brasil. Sesión para o alumnado do Mestrado de Ilustración e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

11.30 h • TEATRO. Auditorio Pazo da Cultura. Actividade escolar concertada.
ESTREA! Mai Mai
Baobab Teatro

Unha xornalista e un fotógrafo farán unha viaxe fantástica e chea de sorpresas e emocións na procura do último oso panda do planeta.

16.00 h • MASTERCLASS. Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Masterclass de ilustración
Roger Mello (Brasil), ilustrador gañador do Premio Andersen

Sesión para o alumnado do Mestrado de Ilustración e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

17.00 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector coa escritora Eli Ríos para alumnado de secundaria e bacharelato a partir da obra DX, de Urco Editora.

17.30 h • VISITA GUIADA
O segredo da revolución!
Risotadas

Faremos un percorrido lúdico e detectivesco buscando as pistas dos tesouros e segredos que se agochan na revolucionaria ambientación que este ano ten o noso Salón. A partir de 5 anos.

17.30 h • OBRADOIRO. Espazo Saudade.
Entendes ou debúxocho?
André Neves

Neste obradoiro teremos a oportunidade de conversar co noso ilustrador convidado do Brasil, André Neves. Poderemos falar, escoitar e debuxar a partir de diversos libros visuais, porque unha historia tamén se pode contar e ler con imaxes.
A partir de 6 anos.

18.15 h • CONTACONTOS. Espazo Reviravolta. 
Contos do Brasil
Benita Prieto

O Brasil é un país, un continente, un mundo enteiro onde cabe todo, a realidade e a fantasía. De norte a sur, Benita Prieto tráenos coa súa voz e as súas mans un anaco delicioso da tradición oral brasileira e africana. Saravá!
Público familiar.


Martes 26 de marzo de 2019

16.30 h • ENCONTRO LECTOR. Recuncho Lector.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector con María Reimóndez para alumnado de secundaria a partir da obra Fóra do normal, de Edicións Xerais.

17.30 h • VISITA GUIADA CON CONTOS
Viva a revolución!
Risotadas

Que mellor que o noso monitorado para guiarnos polos distintos recantos da sala e do recinto feiral e descubrir as historias ilustradas, poéticas, revolucionarias e lusófonas que se agochan no Salón? Público familiar.

17.30 h • CONTACONTOS ILUSTRADO. Espazo Reviravolta.
As gravatas do meu pai
Pedro Seromenho

Contacontos ilustrado a cargo no noso convidado portugués Pedro Seromenho, que nos achegará con palabras e imaxes a historia dun rapaz que tiña presa en medrar e, para buscar o decide ir probando, unha a unha, todas as gravatas do seu pai. Sabedes o que aconteceu entón? A partir de 5 anos.

18.00 h • OBRADOIRO. Librería Luna Nueva. 
Contar con imaxes
André Neves

As ilustracións non só acompañan as imaxes, contan historias por si mesmas. Así o veremos co noso amigo e convidado do Brasil André Neves.
Rúa Doutor Loureiro Crespo 63. A partir de 6 anos.

18.30 h • TEATRO. Auditorio Pazo da Cultura. 
ESTREA! Mai Mai
Baobab Teatro

Unha xornalista e un fotógrafo farán unha viaxe fantástica e chea de sorpresas e emocións na procura do último oso panda do planeta.
Público familiar. 3 euros asistente.

21.00 h • FALADOIRO LUSÓFONO. Taberna do Jazz. Rúa San Sebastián 19.
O Brasil, cara a onde? Dereitos LGTBIQ+
Roger Mello e Volnei Canonica

Actividade integrada en Pinto e Maragota. Programa Municipal pola Diversidade Sexual.

Mércores 27 de marzo de 2019

11.30 h • TEATRO. Teatro Principal. Sesións escolares concertadas.
Cinema de historias.
Alice Guy, a nai do cinema
Raquel Queizás

Este espectáculo, que mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas crianzas o amor polo cine a través da figura de Alice Guy, a nai do cinema. Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou
a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla. Teremos ocasión de viaxar no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas primeiras películas. Unha muller fascinante e inxustamente esquecida.

12.30 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector coa nosa convidada de Brasil Marina Colasanti para o alumnado de secundaria do IES Luis Seoane.

16.00 h. II Congreso Internacional de Mediación Lectora. Salón de Actos.

Encontro internacional no que trataremos e debateremos, da man de expertos e expertas de recoñecemento mundial, sobre o pasado, presente e futuro da mediación lectora.

16.30 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector con Ledicia Costas para alumnado de secundaria a partir da súa obra A balada dos unicornios, de Edicións Xerais.

17.30 h • MÚSICA. Espazo Saudade. 
Eu conto ti cantas
Elisabeth Oliveira e Gustavo Almeida

De Portugal e Brasil, os nosos veciños Elisabeth e Gustavo achégannos unha divertida proposta que terá como protagonista a canción O Leãozinho, de Caetano Veloso. Ademais de aprender palabras da lingua portuguesa teremos espazo para contos, cantos e baile. Ti tamén queres ser un Leão? Pois trae a túa melena e a bailar!
A partir de 5 anos.

18.15 h • CONTACONTOS. Espazo Reviravolta.
Contos e cantos do Alentejo
Bru Junça

A nosa convidada Bru achéganos un petisco do Alentejo, a través dos contos, dos cantos e duns tapetes con moitas historias para partillar con todos e todas nós.

19.00 h • FALADOIRO LITERARIO. Escola Oficial de Idiomas.
Coa escritora Ledicia Costas
Entrada libre ata completar aforo.

19.00 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP.
Lemos e somos VIP!

Encontro do Club de Lectura de Portugués da Libraría Paz co noso convidado portugués Afonso Cruz.

20.00 h • PRESENTACIÓN: Revolución e vida: Ilse Losa e O mundo en que vivín. Salón de Actos.
Hércules de Ediciones

Interveñen Ana Cristina Vasconcelos de Macedo, especialista en Ilse Losa, Anxo Tarrío, tradutor da obra e Laura Rodríguez, editora.


Xoves 28 de marzo de 2019

12.50 h • ENCONTRO LECTOR. Clubs de lectura do IES Sánchez Cantón.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector coa nosa autora brasileira convidada Marina Colasanti a partir da súa obra No labirinto do vento, de Edicións Xerais.

15.30 h • MASTERCLASS. Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Masterclass de ilustración
A cargo do noso convidado Afonso Cruz, Premio Nacional de Ilustración de Portugal.

Sesión para o alumnado do Mestrado de Ilustración e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

16.00 h. II Congreso Internacional de Mediación Lectora. Salón de Actos.

Encontro internacional no que trataremos e debateremos, da man de expertos e expertas de recoñecemento mundial, sobre o pasado, presente e futuro da mediación lectora.

17.30 h • VISITA GUIADA
Viva a revolución!
Risotadas

Que mellor que o noso monitorado para guiarnos polos distintos recantos da sala e do recinto feiral e descubrir as historias ilustradas, poéticas, revolucionarias e lusófonas que se agochan no Salón? Público familiar.

17.30 h • PRESENTACIÓN. Espazo Saudade. 
O paraugas vermello
Editorial Maspimienta

Susana Aliano Casales (Uruguai) e Ana Seixas (Portugal) convídannos a coñecer o seu último libro e a facer unha viaxe fantástica de palabras e imaxes polas cidades da memoria.
A partir de 5 anos.

18.15 h •CONTACONTOS. Espazo Reviravolta. 
Viaxes de ida e volta
Margarida Botelho

A nosa convidada Margarida Botelho viaxou polo mundo e debuxou coas crianzas que atopou uns cadernos ilustrados moi especiais. En Mozambique coñeceu a Eva, en Timor a Lia e en Brasil a Yara. Queres acompañala nesta viaxe pola lusofonía?
A partir de 5 anos.

18.30 h • ENCONTRO LECTOR. Libraría Paz. Peregrina 29.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector do Club de Lectura da Libraría Paz coa nosa autora brasileira convidada Marina Colasanti.

19.00 h • ENCONTRO LECTOR. Librería Cronopios. Frei Xoán de Navarrete 5.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector aberto ao público co narrador e ilustrador Afonso Cruz, Premio Nacional de Ilustración e Premio Unión Europea de Literatura.

20.30 h • RECITAL. Libraría Paz. Peregrina 29.
Teñamos a poesía en Paz

Recital poético a catro voces cos nosos convidados Marina Colasanti (Brasil), Ana Pessoa (Portugal), Henrique Rodrigues (Brasil) e Zetho Gonçalves (Angola).

21.00 h • TEATRO. Teatro Principal. 
Helena ** Teatro do Atlántico

Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos episodios da súa vida, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao, a paixón da amante namorada de Paris...
Entrada 3 euros.


Venres 29 de marzo de 2019

10.00 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector cos nosos autores convidados Henrique Rodrigues (Brasil) e Zetho Cunha Gonçalves (Angola).

10.40 h • ENCONTRO LECTOR. Clubs de lectura do IES Sánchez Cantón.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector coa nosa autora portuguesa convidada
Ana Pessoa con estudantado de ensino secundario.

12.00 h •ENCONTRO LECTOR. Clubs de lectura do IES Sánchez Cantón.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector co noso autor angolano convidado Zetho Gonçalves.

16.00 h. II Congreso Internacional de Mediación Lectora. Salón de Actos.

Encontro internacional no que trataremos e debateremos, da man de expertos e expertas de recoñecemento mundial, sobre o pasado, presente e futuro da mediación lectora.

17.30 h. Lectura dramatizada. Espazo Teatriño..
A cargo do alumnado do Grao de Educación Infantil e Primaria da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

17.30 h • OBRADOIRO. Espazo Saudade. 
Clube mediterráneo
Ana Biscaia

“Cruzan desertos, mares, florestas, de um lado a outro a vida, não poucas veces a vida...”. Estas verbas serán o punto de partida para realizar unha proposta plástica guiada pola nosa convidada Ana Biscaia, Premio Nacional de Ilustración de Portugal.
A partir de 8 anos. Aforo limitado.

18.00 h • ROTEIRO
Unha cidade de conto

Camiñada familiar polas librarías da nosa cidade con contos, xogos e probas de enxeño.
Actividade con prazas limitadas e inscrición previa no enderezo electrónico: turinapontevedra@gmail.com

18.30 h • CONTACONTOS. Espazo Reviravolta. 
Contos que cruzan océanos
Pavís Pavós e Benita Prieto

De Pontevedra atravesando o Atlántico ata o Río de Janeiro en Brasil. Os contos son pontes que cruzan ríos, barcos que atravesan mares e fronteiras para acariñarnos o corpo e a alma. Nesta sesión gozaremos de contos de aquí e de acolá con distintos sotaques que serán unha delicia para os nosos oídos.
Público familiar. Prazas limitadas.

19.00 h • OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN. Librería Seijas. Avda. de Vigo 13.
Contar con imaxes
André Neves

As ilustracións non só acompañan as imaxes, contan historias por si mesmas. Así o veremos co noso amigo e convidado do Brasil André Neves.

20.00 h •PRESENTACIÓN. Salón de Actos.
Habitando historias

Unha obra que reúne diversas experiencias e reflexións sobre o libro, a lectura e sobre a mediación lectora. Asistirán ao Francisco Castro, editor, Montse Pena Presas, crítica, e Montse coordinadora da publicación. Unha iniciativa da editorial Galaxia.

21.00 h •NOITES ABERTAS
Rastrexo literario

Actividade de rastrexo a desenvolver polas rúas da cidade de Pontevedra que teñen nome de autores e autoras da nosa literatura onde deberemos superar unha serie de probas e atopar unha serie de lugares que nos axudarán a chegar ata o final do noso rastrexo. Para mocidade de 12 a 30 anos. Colexio Froebel.
Inscrición na web noitesabertas.gal. Se quedan prazas libres, as persoas interesadas poderán anotarse in situ.

22.00 h •MÚSICA. Teatro Principal. 
João Afonso

Unha das principais figuras da música portuguesa que visita de novo a nosa cidade para celebrar este encontro literario arredor da lusofonía e a revolución.
Prezo 3 euros.

00:00 h • POESÍA E COCKTAILS. Sopa de Gallo. Rúa dona Tareixa 2.
A noite d@s poetas

Encontro poético e recital nocturno da nosa revolucionaria delegación convidada de Portugal, Brasil e Angola.


Sábado 30 de marzo de 2019

TODO O DÍA •OBRADOIRO
Libro Xigante
Víctor Rivas

Participantes e ilustradores e ilustradoras elaborarán en conxunto un libro xigante cheo de historias, debuxos e palabras que van xurdindo ao longo do día. A obra final colectiva exporase o resto do Salón, xunto cos libros xigantes das edicións precedentes.

10.00 h. II Congreso Internacional de Mediación Lectora. Salón de Actos.

Encontro internacional no que trataremos e debateremos, da man de expertos e expertas de recoñecemento mundial, sobre o pasado, presente e futuro da mediación lectora. Toda a información en: salondolibro.gal/mediación

11.00 a 14.30 h • CONTACONTOS
A revolución ecolóxica
Anxo Moure

Espectáculo itinerante de música, cine e contos cos que Anxo e Brais nos guiarán por unha andaina máxica por bosques e fragas. Conducirannos coa súa maleta e a súa biblioteca móbil cara ao máis profundo da natureza e a ecoloxía, sementando corazóns de papel reciclado e loitando coa súa Bicinicleta contra o cambio climático.

12.00 h • OBRADOIRO GASTRONÓMICO. O ganapán do Mercado. Rúa Serra. 
Ganapán Gourmet Lusófono

No Mercado tamén quixemos coñecer as receitas do noso país veciño e imos preparar uns saborosísimos petiscos portugueses, doces e salgados. Animádesvos a viaxar a través dos sentidos? Inscricións no enderezo electrónico: oganapan@omercado.gal

12.30 h • CONTACONTOS. Recinto Feiral. Anfiteatro. 
Un bosque na maleta
Brais e Anxo Moure

Cunha vasoira meiga feita con madeira de érbedo, Brais Moure levaranos a unha viaxe na que gozaremos dun “baño de bosque”, cunha maleta máxica que agocha un bosque enteiro dentro dela: variñas máxicas de sobreira, teixo, carballo e salgueiro, carrabouxos, anacos de cortiza... e, por suposto, moitas historias que compartir! Público familiar.

16.30 h • ENCONTRO LECTOR. Salón de Actos.
Club de lectura d’A Sega

Encontro lector con Ana Pessoa a partir da súa obra Mary John, editado pola editora portuguesa Planeta Tangerina.

16.30 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP.
Lemos e somos VIP!

Encontro-café lector con João Pedro Messeder, autor, e Raquel Senra, ilustradora, a partir da edición galega da súa obra A travesa das musas, de Hérculesde Ediciones.

17.00 h • OBRADOIRO GASTRONÓMICO
Cociña lusófona: Petiscos de Cabo Verde
Amelia Andrade

Que mellor maneira de coñecer un país que a través dos seus contos e a súa gastronomía? Por iso no espazo gastroliterario no Salón decidimos achegarnos a Cabo Verde e buscar a
maneira de levarmos desta viaxe un inmellorable sabor de boca.
Para crianzas de 4 a 8 anos. Prazas limitadas.

17.30 h • OBRADOIRO. Sala de Obradoiros. 
Obradoiro de Escrita divertida
Hematocrítico

Para quen o dubide, escribir pode ser moi moi divertido. E ímolo comprobar co noso convidado Hematocrítico e os seus cadernos de escrita divertida. Imaxinas que tes que comer no restaurante máis noxento do mundo? Que tes que entrevistar a un piollo? Que acabas de ver o peor filme da túa vida ou que tes a obriga de sacar un cero nun exame? Pois vai sacando o lapis...
A partir de 7 anos. Prazas limitadas.

17.30 h • OBRADOIRO. Espazo Reviravolta. 
Piratas no recreo
Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso Diz

Piratas no recreo é unha obra editada por Belagua que aborda con naturalidade a realidade trans. A forza dos versos e das imaxes busca elevar unha mensaxe de respecto xa que todas as persoas somos diferentes, únicas. Neste obradoiro teremos unha actividade de achega ao libro que combina ilustración, poesía e experimentación gráfica sobre o respecto á diversidade.
A partir de 6 anos. Prazas limitadas.

18.00 h • ENCONTRO LECTOR. Salón de Actos. 
Lemos e somos VIP!

Encontro coa cantante Sés arredor do mundo da lectura e do propio concepto da revolución. Diálogo guiado pola poeta Susana Arins. Entrada libre ata completar aforo.

18.00 h • TEATRO. Recinto Feiral. Anfiteatro. 
Familias diversas
Isabel Risco. Trinke Trinke

A Ratiña Carolina non sabe o que quere ser de maior. Hoxe vainos presentar un feixe das súas profesións favoritas
a través dun xogo! Entre rimas e disfraces teremos que ir adiviñando de que profesións se trata. Cal escollerá
finalmente? Carolina non marchará sen falarnos da súa familia e das profesións das súas dúas mamás: unha, directora da banda e a outra, desactivadora de trampas para ratos.
Público familiar.

18.00 h • MASTERCLASS
Masterclass de Ilustración

Encontro coa nosa convidada Ana Biscaia, Premio Nacional de
Ilustración de Portugal. Aforo reducido e inscricións previas no enderezo electrónico: ponteilustra@gmail.com

19.00 h • MÚSICA. Auditorio do Pazo. 
ESTREA!
O comboio da lusofonía
María Fumaça

Hoxe María Fumaça é un comboio da lusofonía e da ilusofonía. Á equipa habitual únese un convidado de luxo de Portugal, João Afonso que cantará cancións propias e do seu tío Zeca Afonso. Un encontro musical no que os temas de sempre acompáñanse de novas achegas galego-luso-brasileiras nunha fusión única e irrepetible de ritmos, estilos e melodías creada expresamente para celebrar os vinte anos do Salón.
Público familiar. 3 euros asistente.

21.00 h • NOITES ABERTAS
Cociña lusófona

Aprenderemos a preparar unhas sabororísimas pataniscas portuguesas ao tempo que escoitaremos contos e lendas dun dos países convidados á XX edición do Salón. Contos e pratos a pedir de boca! CEIP Froebel de 12 a 30 anos. Prazas limitadas. No caso de que a demanda supere o número de prazas, farase un sorteo no mesmo lugar.


Domingo 31 de marzo de 2019

11.30 h • VISITA GUIADA. 2º andar claustro Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra.
MOTIM ilustrado
Itziar Ezquieta

Unha viaxe pola ilustración portuguesa das últimas décadas da man da docente e ilustradora Itziar Ezquieta. Visita guiada para familias. Capacidade limitada con inscrición previa no enderezo electrónico: ponteilustra@gmail.com

11.30 h • OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN. Espazo Saudade. 
Con M grande
Catia Vidinhas

A nosa ilustradora portuguesa convidada Cátia Vidinhas achegaranos á súa obra Portuguesas con M Grande, un percorrido ilustrado por mulleres bravas e valentes do noso país veciño. Anímaste a coñecelas e a debuxalas?
A partir de 6 anos. Prazas limitadas.

11.30 h • OBRADOIRO CIENTÍFICO. Espazo Reviravolta. 
A revolución do ADN
CSIC

Partindo dos súper heroes e heroínas da BD, neste obradoiro tratarase do papel crucial que xoga o ADN na nosa vida. Darase a coñecer a historia do seu descubrimento, a súa estrutura e as implicacións que ten na actualidade na
investigación xenómica. A actividade inclúe unha práctica de extracción de ADN na que levaremos a cabo todo o proceso coas nosas propias mans, para finalmente observar a estrutura externa do ADN dunha froita.
A partir de 10 anos. Prazas limitadas.

12.00 h • VISITA GUIADA
Cegoñas no Fondo da Ría
Manuel Lourenzo

Visita á zona antiga de Pontevedra guiada polo escritor Manuel Lourenzo baseada no seu libro do mesmo título. A explicación das historias e aspectos artísticos das rúas estará enfiada co relato de diversos sucesos literarios da nosa cidade como a pesca de sereas pola ría, ou cando o cadro da Gioconda chegou ao Museo de Pontevedra ou a actuación de Elvis Presley nas Festas da Peregrina de 1957. Actividade con aforo limitado e reserva previa no enderezo electrónico: salondolibro@pontevedra.gal

12.00, 17.00 e 18.30 h • ESPECTÁCULO MUSICAL. Sala de Obradoiros. 
Crassh Babies
We Tum Tum

Nesta versión 2.0, CRASSH BABIES explora o ambiente e rutinas dos bebés e os papás e as mamás no cuarto de
baño, empregando unha combinación única de percusión, movemento e comedia visual. Diversas sonoridades cunha enerxía ben contaxiosa. Todo serve para estimular os sentidos dos máis cativos e cativas e proporcionar momentos únicos en familia. Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos. Capacidade limitada (40 bebés + 1 acompañante). Prezo 3 euros por asistente.

12.30 h • MÚSICA. Recinto Feiral. Anfiteatro.
ESTREA!
C@nto contigo
Paco Nogueiras

O noso amigo Paco Nogueiras creou un espectáculo musical só para nós, para celebrar os vinte anos do Salón. Unha selección dos temas máis exitosos xunto con novas propostas que sen
dúbida nos farán mover o esqueleto a toda máquina e cantar a pleno pulmón. Ídelo perder?
 Público familiar.

17.00 h • OBRADOIRO GASTRONÓMICO. Espazo Gastroliterario. Recinto Feiral.
Cociña lusófona: petiscos de Mozambique
Amelia Andrade

Que mellor maneira de coñecer un país que a través dos seus contos e a súa gastronomía? Desta vez viaxamos a Mozambique para coñecer a súa cultura gastronómica e, por suposto, levarmos desta viaxe un bo sabor de boca.
Para crianzas de 4 a 8 anos. Prazas limitadas.

17.30 h • OBRADOIRO. Espazo Saudade. 
Cidade revolución!
Morgana Creatividade

Partindo de imaxes que mostren escenas cotiás, crearemos un espazo de reflexión. Nenas e nenos compartirán a súa opinión sobre o mundo e como lles gustaría que fose, e buscaremos solucións para mellorar o que nos rodea para finalmente, a través do xogo, da palabra e da expresión artística darlle forma á nosa Cidade Revolución cun mural colectivo. A partir de 6 anos. Prazas limitadas.

17.30 h • ENCONTRO LECTOR. Recuncho Lector. 
Quokka moka
María Solar e Víctor Rivas

Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois así é a protagonista de Quokka moka, a última obra de María Solar, con ilustracións de Víctor Rivas, editada por Xerais.
Público familiar.

18.30 h • CONTACONTOS ILUSTRADO. Recinto Feiral. Anfiteatro. 
A carteira centola e a revolución debaixo do mar
Polo Correo do Vento

Había un reino debaixo do mar onde estaba prohibido cantar, bailar e tocar instrumentos... ata que aparece de súpeto a carteira centola e fai unha verdadeira revolución. Unha divertida sesión onde a palabra, a imaxe e a música se unen para darlle a volta ao mundo e acabar coas inxustizas. Público familiar.

19.00 h • TEATRO. Auditorio do Pazo. 
Momo *
Compañía Anna Roca

Momo é unha nena que posúe a marabillosa cualidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar á xente a humanizar as súas vidas. E máis aínda cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o seu tempo. Porque o tempo é vida. E a vida reside no corazón. Aforo limitado. Custo 3 euros.

19.00 h • CINEMA NO PRINCIPAL. Teatro Principal de Pontevedra. 
ANIMALADAS DE CINE

Programa de curtametraxes de Pascal Adant, Frits Standaert, Pascale Hecquet e Fabrice Luang-Vijai
Animaladas de cine é unha adaptación delirante de fábulas populares levadas á gran pantalla con sentido do humor e enxeño. Pequenas historias universais que conservan o carácter educativo orixinal e engaden creatividade e diversión. O mellor das fábulas e do cartoon nunha mesma proposta. Proxección a cargo do Cineclub de Pontevedra.

Duración: 40 minutos
Público familiar, recomendado a partir de 4 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade.


Luns 1 de abril de 2019 - Día das Artes Galegas

10.00 – 12.00 h • TEATRO. Auditorio do Pazo. 
Momo
Compañía Anna Roca

Momo é unha nena que posúe a marabillosa cualidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar á xente a humanizar as súas vidas. E máis aínda cando os homes grises deciden apoderarse do ben máis prezado: o tempo.
Sesións escolares.

16.30 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP.
Lemos e somos VIP!

Encontro literario con Antonio Manuel Fraga a partir da obra O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, editada por Urco e galardoada co Premio María Victoria Moreno. Para alumnado de secundaria de Pontevedra.

17.30 h • ESCOLA DE LECTURA PARA FAMILIAS
Ler para dar de ler
Pilar Sampedro. Especialista en LIX

Actividade formativa para pais e nais de prazas limitadas baixo inscrición no enderezo electrónico: salondolibro@pontevedra.gal Servizo de gardería con solicitude previa.

17.30 h • VISITA GUIADA
Visita con arte
Risotadas

Para celebrar o día das Artes Galegas o noso monitorado fará unha visita guiada con moita arte polas exposicións da XX edición do Salón. Público familiar. Prazas limitadas.

17.30 h • OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN. Espazo Reviravolta. 
O silencio das palabras
Eva Vieira

As palabras teñen forza, nomean o noso ollar, o imaxinario do espazo e da vivencia. Así abrollan os berros de revolución, de loitas, de cambios, de acción. Pero non debemos esquecer -di a nosa ilustradora convidada de Portugal- a forza imparable das imaxes. Ilustremos a revolución!
A partir de 6 anos.

18.30 h • CONTACONTOS ILUSTRADO. Espazo Teatriño. 
Día das Artes Galegas: Luís Seoane
Polo Correo do Vento

Contacontos ilustrado a cargo dos nosos amigos Kike Maurizio e Carlos Taboada, que farán un percorrido pola vida e obra do gran Luís Seoane, figura homenaxeada este ano no Día das Artes Galegas.
Público familiar.

Martes 2 de abril de 2019
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

11.30 h • ESPECTÁCULO MUSICAL. Auditorio do Pazo de Cultura.
Po e Xía
Con Lucía Aldao, María Lado e o Seminario
Permanente de Jazz de Pontevedra.

Po e Xía son as mellores amigas e por iso sempre andan xuntas, tramando algunha aventura disparatada. As súas
parvadas fan rir a toda a clase, menos á mestra e por iso pasan máis recreos castigadas que no patio. A elas non lles importaría se non fose que desta vez as deixou na biblioteca, rodeadas de aburridísimos libros… Actividade escolar concertada.

17:30 h • VISITA GUIADA
Viva a revolución (poética)!
Risotadas

O noso monitorado convídavos a celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil dun modo moi especial, seguindo o fío dos poemas do noso autor homenaxeado: Antonio García Teijeiro. Público familiar.

17.30 h • OBRADOIRO
Ilustrando Paseniño
Marcos Viso

Obradoiro de ilustración a partir dos poemas de Antonio García Teijeiro. Ilustrar é unha maneira de contar historias, unha expresión poética que acompaña, complementa e interpreta a palabra escrita. Todos e todas podemos ilustrar se temos cousas que dicir, e así nolo vai amosar o ilustrador Marcos Viso, creador das imaxes do poemario Paseniño, paseniño, que están expostas no Salón.

18.30 h. Homenaxe a Antonio García Teijeiro. Auditorio.
Con Xavier Senín e David Otero, de Gálix

Lectura do Manifesto IBBY do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
E a continuación: Po e Xía
Con Lucía Aldao, María Lado e o Seminario
Permanente de Jazz de Pontevedra
Po e Xía é un conto creado polas poetas María Lado e Lucía Aldao para O Salón. Con el, as escritoras queren homenaxear a todas as autoras e autores que coas súas obras converten a infancia nun territorio especial e único.
Entrada de balde ata completar aforo.

20.30 h • ESPECTÁCULO POÉTICO- MUSICAL. Museo de Pontevedra. Sexto Edificio.
Cría fama e bótate a correr
AldaoLado

Lucía Aldao e María Lado reflexionan sobre as virtudes e as baixezas da fama nun espectáculo onde se reinventan a si mesmas a través da unión da poesía, a música en directo e o humor. Pode haber combinación máis perfecta?
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.


Mércores 3 de abril de 2019

12.00 h •CINEFÓRUM. Teatro Principal.
Mulleres da Raia
Diana Gonçalves, 2009

Mulleres da Raia é unha viaxe á fronteira galega co norte de Portugal que nos transporta ao noso pasado máis recente. O contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas
habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país veciño. A Raia garda unha historia de loita pola supervivencia en que as mulleres son testemuñas e protagonistas. Contaremos coa presenza da directora para posterior debate. Sesións concertadas. Teatro Principal.

17.30 h • OBRADOIRO. Espazo Saudade.
A miña cidade
Susana Suniaga

Se puidésemos imaxinar unha cidade ideal, como sería? A arte serve para debuxar mundos reais e tamén para crear mundos soñados. Disto falaremos e reflexionaremos coa ilustradora Susana Suniaga, coa que deseñaremos a nosa cidade perfecta. A partir de 6 anos.

17.30 h •ESCOLA DE LECTURA PARA FAMILIAS
Ler para dar de ler
Cristina Vázquez. Bibliotecaria

Actividade formativa para pais e nais con reserva previa no
enderezo electrónico: salondolibro@pontevedra.gal. Servizo de gardería con solicitude previa.

18.15 h •CONTACONTOS
Deamos a volta ao conto
Raquel Queizás

A miña avoa dicía “deamos a volta ao conto” e todo se transformaba, era o noso xogo favorito. Comezaba a revolución! Público familiar.


Xoves 4 de abril de 2019

17.30 h •VISITA GUIADA
Viva a revolución!
Risotadas

Que mellor que o noso monitorado para guiarnos polos distintos recantos da sala e do recinto e descubrir as historias ilustradas, poéticas, revolucionarias e lusófonas que se agochan no Salón? Público familiar.

17.30 h • OBRADOIRO. Espazo Saudade. 
RevolucionARTE
Revira Volta

Seguimos coas actividades plásticas desta semana, desta vez cunha auténtica revolución artística pintando sen pintura nin pinceis. Imaxinas como crearemos as nosas obras? Aceptas este singular reto creativo? A partir de 6 anos.

17.30 h • ESCOLA DE LECTURA PARA FAMILIAS
Ler para dar de ler
Luz Gallego. Libreira

Actividade formativa para pais e nais con reserva previa no enderezo electrónico: salondolibro@pontevedra.gal Servizo de gardería con solicitude previa.

18.15 h • CONTACONTOS. Espazo Reviravolta. 
Contos curtos e revoltos
Andrea Bayer

A nosa amiga Andrea agasallaranos cunha fantástica selección de contos cos que poderemos pensar, rir e, por suposto, revolucionar!
Público familiar.

18.30 h • MÚSICA. Salón de Actos.
Percorrido
Brass band do Conservatorio de Pontevedra

Un percorrido musical pola historia do rock internacional como a revolución da vida mesma.
Entrada libre.

21.00 h • TEATRO. Teatro Principal. 
Celebración **
Sarabela Teatro

Nesta celebración vai pasar algo importante porque está anunciado por terra, mar e aire e porque chegar a ese cóctel é entrar no mundo do luxo. Hai que estar na fotografía do evento, onde están todas aquelas persoas que merecen a pena. E así, invitados e non invitados achéganse ao evento. Que deben facer agora? Agradecer que as tiveran deixado entrar ou reivindicar o seu dereito a participar? Se cadra chegoulles o momento de ocupar a cabeceira da mesa. Entrada 3 euros.


Venres 5 de abril de 2019

10.00 h • TEATRO. Salón de Actos. 
Das aulas universitarias ao público infantil: experiencias didácticas

Sesión a cargo do alumnado de Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.
Entrada libre ata completar a capacidade.

10.00 h -14.00 h • ENCONTRO DE CLUBS DE LECTURA. Recinto Feiral.
Con Tamara Andrés, Víctor Rivas, Anxo Fariña e Nova Escola

Nesta segunda edición continuamos a celebrar cunha xincana literaria e musical a actividade lectora da nosa rapazada. Quen di que a mocidade non le?

11.30 h • TEATRO. Teatro Principal.
Celebración **
Sarabela Teatro

Nesta celebración vai pasar algo importante porque está anunciado por terra, mar e aire, porque chegar a ese cóctel é entrar no mundo do luxo. Hai que estar na fotografía do evento, onde están todas aquelas persoas que merecen a pena. E así, invitados e non invitados achéganse ao evento. Que deben facer agora? Agradecer que as tiveran deixado entrar ou reivindicar o seu dereito a participar? Se cadra chegoulles o momento de loitar, de ocupar a cabeceira da mesa. Actividade concertada con centros de ensino.

11.30 h • TEATRO. Auditorio do Pazo.
Patapatúm **
Elefante Elegante

Sorpresa! Un monte de agasallos! As crianzas non dan feito entre tanto xoguete. E os maiores, atados pola espiral do tempo, non son quen de facer un oco na súa axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos. Sesión concertadas con centros de ensino.

12.00 h • MÚSICA. Auditorio da Residencia de Maiores Campolongo
Alegría!
Sergio Tannus e Marta Bravo

A pequena Alegra, unha eiruga que, con semellante nome, parece claro que ten que ser todo ledicia. Mais as cousas non teñen por que ser necesariamente así e Alegra vai ir vivindo todo un mundo de aventuras sorprendentes que, canción a canción, irán axudándonos a viaxar polo territorio da fantasía. Sabedes? A vida é moito máis feliz cando nos enfrontamos a ela cunha actitude positiva. Actividade para os maiores do centro e o alumnado do CEIP Campolongo.

17.30 h • OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN. Espazo Reviravolta. 
Debuxando a mares. Ilustrando poemas de
Antonio García Teijeiro.
Taller Abierto

A obra deste premiado autor é o punto de partida dun obradoiro creativo onde nenos e nenas transformarán as
palabras en imaxes que complementen uns textos onde o mar sempre é o protagonista. Trátase dunha actividade
familiar na que compartir lecturas e debuxos para fomentar a imaxinación.
Público familiar. Prazas limitadas.

17.30 h • ESCOLA DE LECTURA PARA FAMILIAS
Ler para resolver conflitos
Dori Martínez. Psicóloga

Actividade formativa para pais e nais con reserva previa no enderezo electrónico: salondolibro@pontevedra.gal Servizo de gardería con solicitude previa.

18.00 h • ROTEIRO
Unha cidade de conto

Roteiro familiar polas librarías da nosa cidade con contos, xogos e probas de enxeño.
Actividade previa inscrición no enderezo electrónico: turinapontevedra@gmail.com

18.00 h • ESPECTÁCULO MUSICAL. Recinto Feiral. Anfiteatro. 
A voar!
Cé Orquestra Pantasma

O son do enerxético ritmo de Cé Orquestra Pantasma, A voar conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola
curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que mudará a súa vida, amosándonos que só a través
do coñecemento dos valores universais seremos quen de mellorar a nosa vida. A voar pretende axudar a nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre. Así pois, rapazada…a voar!!
Público familiar.

19.00 h • TEATRO. Auditorio do Pazo.
Patapatúm **
Elefante elegante

Sorpresa! Un monte de agasallos! As crianzas non dan feito entre tanto xoguete. E os maiores, atados pola espiral do tempo, non son quen de facer un oco na súa axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos. Patapatúm é a
reflexión de como enchemos os baleiros das nosas ausencias, un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos.
Público familiar. Custo da entrada a 3 euros.

21.00 h • CINEFÓRUM. Teatro Principal. 
Mulleres da Raia
Diana Gonçalves, 2009
Duración: 40 minutos

Mulleres da Raia é unha viaxe á fronteira galega co norte de Portugal que nos transporta ao noso pasado máis recente. O contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país veciño. A Raia, como popularmente é coñecida a fronteira, garda unha historia de loita diaria pola supervivencia en que as mulleres son testemuñas e protagonistas. Contaremos coa presenza da directora para posterior debate.
Proxección a cargo do Cineclub de Pontevedra.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

21.00 h • NOITES ABERTAS. Pazo da Cultura. 
Escape Book
Risotadas

Xogo de escapismo no que a nosa misión consistirá en saír dunha historia que transcorre na revolucionaria ambientación do Salón.
Para mocidade de entre 12 e 30 anos.
Inscrición na web noitesabertas.gal


Sábado 6 de abril de 2019

11.30 h • OBRADOIRO. Espazo Saudade. 
Revolución na granxa
Revira Volta

A partir da narración da delirante e divertida historia A vaca que puxo un ovo falaremos do concepto de darlle a volta ás cousas. Tamén traballaremos coa vaca Maca conceptos como a amizade, a solidariedade e a autoestima. Ao final, un experimento científico para a cativada porque a ciencia tamén é unha verdadeira revolución.
A partir de 3 anos. Prazas limitadas.

11.30 h • OBRADOIRO DE STOP MOTION. Espazo Reviravolta.
Acción. Revolución!
Kraken

O cinema foi sen dúbida unha revolución á hora de contar historias con imaxes. Neste obradoiro traballaremos a técnica tradicional do stop-motion para crearmos xoguetes ópticos como o taumatropo e o flip-book.
A partir de 7 anos. Prazas limitadas.

12.00 h • OBRADOIRO
Ganapán Gourmet Lusófono.

No mercado tamén quixemos coñecer as receitas do noso país veciño e imos preparar uns saborosísimos petiscos brasileiros, doces e salgados. Animádesvos a viaxar a través dos sentidos? O ganapán do Mercado. Rúa Serra. Inscricións no enderezo electrónico: oganapan@omercado.gal

12.30 h • MÚSICA. Recinto Feiral. Anfiteatro. 
Alegría!
Sergio Tannus e Marta Bravo

A pequena Alegra, unha eiruga que, con semellante nome, parece claro que ten que ser todo ledicia. Mais as cousas non teñen por que ser necesariamente así e Alegra vai ir vivindo todo un mundo de aventuras sorprendentes que, canción a canción, irán axudándonos a viaxar polo territorio da fantasía. Sabedes? A vida é moito máis feliz cando nos enfrontamos a ela cunha actitude positiva. Espectáculo baseado no libro-CD do mesmo título, da colección SonÁrbore de Galaxia.
Público familiar.

17.00 h • OBRADOIRO GASTRONÓMICO. Espazo Gastroliterario. Recinto Feiral.
Cociña lusófona: petiscos nordestinos do Brasil
Amelia Andrade

Que mellor maneira de coñecer un país que a través dos seus contos e a súa gastronomía? Hoxe toca achegarnos ao
nordeste do Brasil e levarmos desta viaxe un fantástico sabor de boca. A partir de oito anos. Prazas limitadas.

17.30 h • OBRADOIRO. Sala de Obradoiros. 
A revolución 3D
Ceo Aberto

Cada día máis persoas coñecen a impresión 3D. Esta tecnoloxía está a revolucionar os métodos de prototipado e permite que nos acheguemos ao deseño dunha forma ben atractiva. Durante o taller descubriremos as bases técnicas desta tecnoloxía e aprenderemos a imprimir tanto utilizando impresoras como lapis 3D, para acabar elaborando o noso propio marcapáxinas 3D.
A partir de 7 anos. Prazas limitadas.

17.30 h • OBRADOIRO. Espazo Reviravolta. 
A revolución do libro
Van Divulgación

Desde os libros feitos con papiro ou pergamiño ata os libros dixitais que usamos hoxe en día cambiou moito o conto. Neste taller faremos un repaso pola historia do libro desde os seus inicios ata hoxe e incidiremos na revolución que supuxo a invención da imprenta de Gutenberg no século XIV. Teremos a oportunidade de facer este repaso coa axuda de diferentes experiencias prácticas que axudarán a entender o proceso.
Público familiar. Prazas limitadas.

18.00 h • CONTACONTOS. Recinto Feiral. Anfiteatro. 
A palabra que marchou de viaxe
Soledad Felloza

Pensastes algunha vez de onde saen as palabras cando falamos? Pois cada vez que unha persoa fala, as palabras
saen das páxinas dos dicionarios e colócanse na frase que a necesita. Hai palabras que traballan todo o día, “o” a súa
amiga “ela”... Pero outras como “numismática” saen pouco do dicionario, están todo o día estomballadas nas páxinas, aborrecidas de non facer nada. Nesta sesión de contos aparecerán esta outras historias divertidas, tolas, revolucionarias.
Público familiar.

19.00 h • MÚSICA. Auditorio do Pazo de Cultura. 
ESTREA!
Cancións para desafinar **
Gramola Gominola

A Gramola Gominola, gañadores do Premio Martín Códax da Música 2018, confírmase como a mellor banda de rock infantil do momento e no Salón temos en exclusiva a estrea da súa nova achega. Co seu segundo traballo, Cancións para desafinar, seguen a facernos gozar de auténticos hits como como A Fábrica de Carmela ou Pita Récords… entre outros. Sen esquecer os éxitos do seu anterior traballo como Campión Internacional que non pode faltar nunca nun directo. Prezo 3 euros.

21.00 h • NOITES ABERTAS
Cociña lusófona

Aprenderemos a preparar uns deliciosos pastéis de natas ao tempo que escoitaremos contos e lendas dun dos países
convidados á XX edición do Salón. Contos e pratos a pedir de boca!
CEIP Froebel.Mocidade de 12 a 30 anos. Prazas limitadas.
No caso de que a demanda supere o número de prazas, darase un sorteo no mesmo lugar.


Domingo 7 de abril de 2019

11.00 a 14.00 h. Troca de libros. Feira do libro usado

Os libros teñen máis dunha vida, e así o amosaremos nesta xornada lúdica, literaria e musical organizada polo centros de ensino e ANPAS da contorna e coordinado polo IES Torrente
Ballester. A autora Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras.

11.30 h • VISITA GUIADA. 2º andar claustro Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra.
MOTIM ilustrado.
Itziar Ezquieta

Unha viaxe pola ilustración portuguesa das últimas décadas da man da docente e ilustradora Itziar Ezquieta. Visita guiada para familias. Capacidade limitada con inscrición previa no enderezo electrónico: ponteilustra@gmail.com

11.30 h • MÚSICA. Espazo Reviravolta. 
Eu conto, ti cantas
Elisabeth Ferreira e Gustavo Almeida

De Portugal e Brasil, os nosos veciños Elisabeth e Gustavo achégannos unha divertida proposta que terá como
protagonista a canción O Leãozinho, de Caetano Veloso. Ademais de aprender palabras da lingua portuguesa teremos espazo para contos, cantos e baile. Ti tamén podes ser un leão? Pois trae a túa melena e a bailar!
A partir de 5 anos.

11.30 h • OBRADOIRO DE STOP MOTION. Espazo Saudade. 
Acción. Revolución!
Kraken

O cinema foi sen dúbida unha revolución á hora de contar historias con imaxes. Neste obradoiro traballaremos a técnica tradicional do stop-motion para crearmos unha pequena animación a partir de personaxes que crearemos coas nosas propias mans.
A partir de 7 anos. Prazas limitadas.

12.00, 17.00 e 18.30 h • ESPECTÁCULO MUSICAL. Sala de Obradoiros. 
Afinal o caracol
Andante teatro

Espectáculo para bebés con poesía de Fernando Pessoa, música de Joaquim Coelho e ilustracións de Mafalda Milhões. É a historia dun caracol, das cóxegas que facía, de como xiraba e xiraba, e de como acabou por non caer. Brincamos coas palabras porque son o noso xoguete favorito, xogamos co seu son, a súa lixeireza, co seu tamaño, coa súa velocidade e tamén coa súa ausencia: o silencio.
Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos. Capacidade limitada (40 bebés + 1 acompañante).
Prezo 3 euros por asistente.

12.30 h • MÚSICA. Recinto Feiral. Anfiteatro.
CONTOS, CANCIÓNS E ELECTRICIDADE!
Rock Lab

Nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, amosarán as súas creacións baseadas en historias inspiradas na temática da revolución. Os máis pequenos abrirán cun conto radiofónico musicado ao máis puro estilo Orson Welles, deixando paso as composicións musicais sobre novelas seleccionadas do propio salón, e chegando a un peche de máis carga de watts coa banda formada por profes e alumnos: The Rebel Sound System, unha banda centrada na crítica de accións do ser humano que mancan o planeta e a nosa sociedade.

12.30 h • CONTACONTOS. Espazo Teatriño. 
Os contos do coello e outros animais de
Mozambique
Anna Griott

África está chea de animais pequenos que non teñen gadoupas, nin cairos, pero conseguen sobrevivir grazas á
súa intelixencia. Vide escoitar as historias que a nosa amiga Ana Griott trouxo para nós das súas viaxes pola selva de Mozambique e outras selvas africanas. Ao final da sesión, a autora asinará exemplares das súas obras.
Público familiar.

17.00 h • OBRADOIRO GASTRONÓMICO. Espazo Gastroliterario. Recinto Feiral.
Cociña lusófona: petiscos de Timor
Amelia Andrade

Que mellor maneira de coñecer un país que a través dos seus contos e a súa gastronomía? Por iso inauguramos este espazo gastroliterario no Salón, e desta vez aproveitamos para visitar Asia e achegarnos a Timor. Agardamos levar desta experiencia un bo sabor de boca. Animádevos? Para crianzas de 4 a 8 anos. Prazas limitadas.

17:30 h • OBRADOIRO. Sala Reviravolta. 
Monstros ilustrados
Ana Griott

Monstros en perigo de extinción, dos que viven nos nosos bosques, nos nosos ríos ou mares, nos nosos ceos, nas nosas casas, dos que xa case non quedan. Ven coñecelos para saber como é a súa cara (na nosa cara) e facerlles fronte! A partir de 4 anos. Prazas limitadas.

17.30 h • OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN. Espazo Saudade. 
Haikus galego-portugueses.
Ser galeg@ é...
Cristina Corral

Partindo da obra Ser Português é... de Ana La Bella Carapinheira e Tania Ballão Lopes, veremos cantas cousas temos @s galeg@s en común coa cultura portuguesa.

A partir desa idea artellaremos un obradoiro de haikus, onde, ademais de aprender a construílos, escribiremos os nosos propios poemas, reflexionando sobre a idea de que significa
ser galeg@. A partir de 8 anos. Prazas limitadas.

18.30 h • MÚSICA E CONTOS. Recinto Feiral. Anfiteatro. 
A formiga no carreiro
Vero Rilo e Sonsoles Penadique

É a nova proposta do dúo Rilo&Penadique que nos convida a unha viaxe polas terras da lusofonía para contar, cantar, bailar e brincar cos contos de tradición oral e a música do libro Zeca Afonso para crianças recentemente editado polas Escolas de Ensino Galego Semente. Facemos carreiro xuntas, vides? Público familiar.

19.00 h • TEATRO. Auditorio.
Calor *
Kikolas

Calor inspírase na situación na que viven moitas persoas carentes de fogar, viaxeiros involuntarios que se viron
forzados a deixar as súas casas, obrigados a marcharse precipitadamente dos seus fogares. Nómades do noso tempo que atravesan o mundo buscando un lugar, a cegas sociedades e culturas, cidades e pobos estranxeiros. Un
proxecto escénico de Jean Philippe Kikolas para todos os públicos, que combina o clown coas artes circenses e presenta un universo onírico e poético para sentir, a imaxinar e rir. Público familiar. Entrada a 3 euros.

19.00 h • CINE NO PRINCIPAL. Teatro Principal de Pontevedra
O Grúfalo e A filla do Grúfalo
Jakob Schuh e Max Lang,
Reino Unido e Alemaña, 2009

O Grúfalo e A filla do Grúfalo son dúas aventuras cheas de tenrura e valores baseadas nos contos homónimos de Julia Donaldson, referente da literatura infantil moderna. Os dous están editados en galego pola editorial Patas de Peixe. A adaptación ao cinema d’O Grúfalo foi seleccionada en máis de 35 festivais de animación e recibiu numerosos premios. En 2010 foi galardoada no festival de Annecy e un ano despois estivo seleccionada para o Oscar á mellor animación. Proxección a cargo do Cineclub de Pontevedra
Público familiar, recomendado a partir de 3 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade.


Luns 8 de abril de 2019

17.00 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP. 
Lemos e somos VIP!

Encontro lector con Marilar Aleixandre a partir da obra A filla do Minotauro, da editorial Galaxia, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.
Para alumnado de secundaria.

17.30 h • VISITA GUIADA
O segredo da revolución!
Risotadas

Faremos un percorrido lúdico e detectivesco buscando as pistas dos tesouros e segredos que se agochan na revolucionaria ambientación que este ano ten o noso Salón.
A partir de 5 anos.

18.00 h • CONTACONTOS. Espazo Reviravolta. 
Contos de animais
Sandra Prado

Ratiños, gatos, cans, vacas, ovellas, lobos feroces, porquiños... hai unha chea de animais nos contos! Por que será? Anímaste a escoitar historias animaladas?
Público familiar.


Martes 9 de abril de 2019

17.00 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP. 
Lemos e somos VIP!

Encontro lector con Iria Misa a partir da obra Mamá, eu quero ser Ziggy Stardust, da editorial Xerais, finalista no Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade.
Para alumnado de secundaria.

17.30 h • OBRADOIRO GASTRONÓMICO. Espazo Gastroliterario. Recinto Feiral.
Cociña lusófona: petiscos de Portugal
Amelia Andrade

Que mellor maneira de coñecer un país que a través dos seus contos e a súa gastronomía? Por iso inauguramos este espazo gastroliterario no Salón, para achegarnos ao noso país veciño, Portugal, e levarmos desta viaxe unha saborosa lembranza. Para crianzas de 4 a 8 anos. Prazas limitadas.

19.00 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP. 
Lemos e somos VIP!

Encontro-café lector coa autora Fina Casalderrey a partir do conxunto da súa carreira literaria, das iniciativas culturais que apoia e das súas máis recentes publicacións.
Aberta ao público.


Mercores 10 de abril de 2019

11.00 e 12.00 h • ENCONTRO DE ILUSTRACIÓN. Salón de Actos. 
Manga? Iso que é?

Encontro do alumnado de secundaria cos creadores gráficos Kiko Dasilva, Víctor Rivas, Zaida Novoa e Miriam Iglesias arredor da BD e o manga, características, historia e creacións galegas.
Encontro concertado con institutos.

17.30 h • VISITA GUIADA
Viva a revolución!
Risotadas

Que mellor que o noso monitorado para guiarnos polos distintos recantos da sala e do recinto e descubrir as historias ilustradas, poéticas, revolucionarias e lusófonas que se agochan no Salón? Público familiar.

18.00 h • CONTACONTOS. Espazo Reviravolta. 
Contos para dar a volta e a Reviravolta
Revira Volta

Hai contos do dereito e contos do revés, contos que soben e que baixan, que veñen e que van. Hoxe imos contar contos que dan a volta e a Reviravolta!
Público familiar.

19.00 h. Fallo do Xurado do Premio de Narrativa
Xuvenil María Victoria Moreno.
Concello de Pontevedra e Urco Editora

Con presenza da concelleira de Cultura, Carme Fouces, responsables de Urco Editora e do xurado. Recuncho Lector.

20.00 h • ENCONTRO LECTOR. Sala VIP.
Lemos e somos VIP!

Presentación de Irmá paxaro de Tamara Andrés, obra finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Contaremos coa presenza da autora, Tamara Andrés, a ilustradora María Montes e o editor David Cortizo.


Xoves 11 de abril de 2019

10.45 h • ENCONTRO LECTOR. Espazo BD.
Lemos e somos VIP!

Encontro lector de Ángel de la Calle, autor da novela gráfica Pinturas de guerra, en edición galega de Retranca Editora, con alumnado de ensino secundario de Pontevedra.

17.30 h • OBRADOIRO GASTRONÓMICO. Espazo Gastroliterario. Recinto Feiral.
Cociña lusófona: petiscos de Portugal
Amelia Andrade

Que mellor maneira de coñecer un país que a través dos seus contos e a súa gastronomía? Por iso este espazo gastroliterario no Salón, busca achegarnos ao noso país veciño, Portugal, e facer que levemos desta viaxe un inmellorable sabor de boca. Para crianzas de 4 a 8 anos. Prazas limitadas.

17.30 h • OBRADOIRO. Espazo Reviravolta. 
A fábrica dos soños, mil revolucións por minuto
Tegra Gómez e Zeltia Pinto

Con Tegra e Zeltia faremos un xogo de enxeño, no que o público asistente terá que ir descifrando varias probas que
nos axudarán a entender mellor que son as revolucións, a través dunha moi concreta que aconteceu no país veciño: a revolución dos Cravos. Sabedes o que é un cravo en Portugal?
Público familiar.

18.00 h • OBRADOIRO. Espazo Saudade. 
A revolución na granxa
Revira Volta

A partir da narración da delirante e divertida historia A vaca que puxo un ovo falaremos do concepto de dar a volta ás cousas. Tamén traballaremos coa vaca Maca conceptos como a amizade, a solidariedade e a autoestima. Ao final, un experimento científico para a cativada porque a ciencia tamén é unha verdadeira revolución.
A partir de 3 anos.

19.00 h • PRESENTACIÓN.Espazo BD.
Pinturas de guerra

Novela gráfica de Ángel de la Calle na súa edición galega de Retranca Editora. Asistirán Ángel de la Calle, autor e Kiko Dasilva, editor.

SALON DO LIBRO 2019