Presentación en Pontevedra: Usos de 113 Plantas silvestres de los campos norteños.
Silvia Méndez e César Lema presentan "Usos de 113 Plantas silvestres de los campos norteños" (autoedición), libro escrito por varias persoas ás que unen unha finalidade común: voltar ao natural e fomentar o consumo de plantas silvestres comestibles como xeito de revolución e de empoderamento persoal.
Ao remate da presentación haberá un roteiro polo río Gafos para coñecer estas plantas. A participación no roteiro require unha aportación económica libre.
Esta actividade é unha iniciativa da asociación Vaipolorío.