Presentación da erre gue té (revista galega de teatro) en Pontevedra.
A RGT é agora a erregueté e preséntanos a súa nova imaxe.
A Revista Galega de Teatro estrea equipo, deseño e nome sen renunciar á esencia dun proxecto que naceu hai máis de trinta anos. A RGT transformada en erregueté mantén as súas seccións habituais recuperando outras e incorporando novos espazos.
De todo isto nos falará Vanesa Sotelo, directora da revista. E para acompañar a presentación teremos unha lectura dramatizada da obra de Raúl Dans "As cancións que lles cantaban aos cativos" a cargo de Avelaíña Teatro coa participación de Paco Pernas, Lucía Cota, Concha Candán, Xabier Fiz e Antón Lamapereira.