Noticias de Hoy
Fecha: 26/04/2014
Horario: 22:00

Presentación: Cuando Ríes

Presentación do libro da historia de Los Contentos: Cuando Ríes , escrito por Piti Sanz e Fernando Fernández Rego.

Será no El Pequeño. as 21:00h e será presentación do libro + un pequeno concerto en acústico de Piti Sanz, compositor e parte da banda.Un bó libro, 100% recomendable que esperemos vos guste e o disfrutedes.

Tal e como comentan na páxina de Xonix Records, editores deste proxecto:

"Biografía de LOS CONTENTOS, con prólogo de LUIS TOSAR. Historia e anécdotas do grupo pioneiro do Indie en España, ¡¡¡ DE LUGO !!, eles comezaron nos 80 moito antes da chegada do indie nos 90, uns adiantados o seu tempo.

Escrito por FERNANDO FERNANDEZ REGO, afamado escritor con varias obras o seu lombo e colaborador de revistas musicais como mondosonoro, e un dos creadores de lafonoteca.net.; xunto con PITI SANZ, músico, compositor, actor, escritor.. un todoterreno da escea cultural da Galiza, con varios premios na súa traxectoria como o María Casares, Mestre Mateo...

O libro ven acompañado dun cd "Uknown Pirate: Live!", que é a gravación dun concerto inédito do grupo.
O libro e o cd estan editados polo noso selo XONIX RECORDS.
O precio do libro xunto co cd é de 15 €, que como dixemos antes, poderedes mercalo na web de xonix records, nas presentacións que se farán por Galiza e Madrid, e nos puntos de venda en exclusiva que poremos a partir do luns.