Música, natureza, gastronomía galega, 3 escenarios, ShowRocking, Mercado de Talentos e acampada volven a Comarca de Caldas de Reis.
Nun ano tan especial pretenden reunir ao maior número posible de artistas e chefs previstos para a edición de 2020.
Pero, como ten lugar en calquera grupo de amigos, ás veces é difícil atopar unha data na que coincidir todos. Así é que PortAmérica terá lugar excepcionalmente a primeira fin de semana de xuño, os días 2, 3 e 4.
O evento gastronómico Showrocking, que contou con 35 chefs internacionais na súa última edición, supón unha experiencia diferencial dentro da oferta gastronómica actual: conta cunha localización privilexiada e potencia os recursos e atractivos asociados ao territorio, o produto galego e os grandes cociñeiros conformando unha alternativa turística singular de primeiro nivel. O ShowRocking de PortAmérica, que comisiona o chef Pepe Solla desde a súa primeira edición, é Premio Fest 2015, 2017 e 2018 á mellor zona gastronómica.
Xa hai 22 chefs confirmados polo momento para PortAmérica 2022 e atesouran numerosos recoñecementos nacionais e internacionais.
ARTISTAS CONFIRMADOS
- Amparanoia
 - Andrés Suárez
 - Arde Bogotá
 - Baiuca
 - Capsula
 - Coque Malla
 - Dani
 - Delaporte
 - Dengue Dengue Dengue
 - El Columpio Asesino
 - Fon Román
 - Grande Amore
 - Igloo
 - La Duendeneta
 - La La Love You
 - Lori Meyers
 - Mikel Erentxun
 - Muchachito Bombo Infierno
 - Natalia Lacunza
 - Queralt Lahoz
 - Rozalén
 - Serbia
 - Víctor Coyote
 - Viva Suecia
 
CONFIRMACIONES SHOWROCKING
- Pepe Solla, Casa Solla, Poio, Comisario
 - Andoni Luis Aduriz, Mugaritz, Errentería
 - Ángel León, Aponiente, El Puerto de Santa María
 - Artur Martínez, AÜRT, Barcelona
 - Begoña Rodrigo, La Salita, Valencia
 - Benito Gómez, Bardal, Ronda
 - Dani López, O Camiño do Inglés, Ferrol
 - David Abalo, La Radio, Santiago de Compostela
 - Diego Guerrero, DStage, Madrid
 - Édgar Núñez, Sud777, Ciudad de México
 - Eneko Atxa, Azurmendi, Larrabetzu
 - Francis Paniego, El Portal de Echaurren, Ezcaray
 - Gonzalo García, Nakeima, Madrid
 - Juan Carlos Perret, Kero, Vigo
 - Juanjo Pérez, Cocinandos, León
 - Maca de Castro, Maca de Castro, Alcudia
 - Marcos Morán, Casa Gerardo, Prendes
 - Roberto Ruiz, MXRR, Madrid
 - Rodrigo G. Fonseca y Nagore Irazuegi, Arima, Madrid
 - Vicky Sevilla, Arrels, Sagunto
 - Xanty Elías, Finca Alfoliz, Aljaraque
 - Yolanda León, Cocinandos, León