Noticias de Hoy
Pontemprende D
Fecha: 03/02/2018

Pontemprende 2018

Pontemprende 2018

Coa presenza especial de Fernando Sánchez Salinero (Fundador Instituto de desenvolvemento Pyme)

PontEmprende nace como un proxecto conectado 100% coas necesidades reais de autónomos e PEMES no mercado actual.

Un espazo de encontro entre os futuros emprendedores e todos os axentes presentes ó longo do proceso de emprendemento, co fin de dar unha base firme de coñecemento coa que asegurar os proxectos en xerme.

Os relatores de PontEmprende veñen de áreas tan diversas como as finanzas, o márketing, a asesoría de empresas ou a formación, tocando todos os puntos de interese para o futuro emprendedor, co fin de achandarlle o camiño e facer do seu proxecto unha realidade viable a longo prazo.

Programa:

 09h30   Acreditación

10h00   Presentación

10h30 Non planificamos fracasar pero podemos fracasar por no planificar por Sindo López (Banco Mediolanum)

10h50 Emprendemento e financiación por Mari Carmen Fuentes (Fuentes Fernández Consulting)

11h10 Aprender a emprender por Jose Luis Bouza (Docensa)

11h30 A mellor idea, se non se vende nace morta por Jaime Barreiro(Cactus Digital)

12h00 Café

12h30 Comunica con neurosentido común por Fernando Sanchez Salinero (IDPyME)

13h30 Aperitivo - Networking

15h00 Clausura Jornada