Teatro Principal.
Camiños afonda na identidade galega nunha mestura de tradición e modernidade, unha peza de teatro moi físico na que a música folk convive coa electrónica, as bicicletas de spinning coas letras de Castelao, Rosalía ou Manuel María e onde os selfies conviven cos sachos. Un aluvión escénico que fará que os espectadores non poidan quedar indiferentes. Será o día 26 de novembro ás 21.00 horas.
Aforo limitado a 60 persoas sentadas individualmente e cunha cadeira libre polo medio. O uso de máscara é obrigatorio en todo momento, así como o cumprimento da normativa e restricións sanitarias vixentes en cada momento, ao igual que se deben cumprir permanentemente as indicacións do persoal de sala. Non está permitido intercambiar cadeiras ou ocupar cadeiras diferentes á que figura na entrada adquirida.
Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para Carné Xove, parados e maiores de 65). Se non se esgotan na venda anticipada, estarán dispoñibles o día do espectáculo na billeteira física de 19 a 20h.