Ponteatro 2017 - 'Elisa e Marcela' de A Panadaría
A Panadaría (coprodución co CDG)
O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario.
A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o estado, mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da historia de Galicia.
Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.