Ponteatro 2017: 'A noiva de Don Quixote' de Eme2 en Pontevedra
Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar como Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún lugar da Mancha
Dulcinea disponse a atravesar o seu particular dó con humor, con ironía, con emoción... Pero tal vez o principal misterio sexa a verdadeira identidade que se agocha tras a propia Aldonza.