Ponteatro 2017: ' A canción do elefante' de Redrum en Pontevedra
Magnético thriller psicolóxico onde un doutor e un paciente mateñen un fascinante xogo dialéctico na procura de pistas que axuden a esclarecer a desaparición doutro psiquiatra. Que lle pasou ao doutor Lourenzo? Por que desapareceu sen deixar pegada? Sabe algo Miguel, o seu último paciente?
Estamos fronte a unha obra dunha precisión milimétrica na trama e brillante na construcción dos personaxes que non deixará indiferente a ningún espectador, e que posúe ecos das mellores novelas de misterio ou do mellor cine de suspense.
Ernesto Chao, Susana Dans e Guillermo Carbajo