Ponte Andadas 18: Deporte e goce do Patrimonio natural e cultural do municipio
Fomentar a actividade física e gozar do patrimonio natural e cultural do municipio e o dobre obxectivo que guía o Circuíto de Andainas de Pontevedra – Ponte Andadas 18, que promoven a Concellería de Deportes da man de Naturgaliza Club.
Os interesados en participar en Ponte Andadas 18 deberán ser maiores de 12 anos e inscribirse para poder sumarse ás camiñadas. O prezo é de 8 euros, para aquelas persoas que queiran facer todo o circuíto e de 2 euros por andaina, agás os desempregados que non terán que pagar.
O pago farase por transferencia bancaria ou ingreso a nome de Naturgaliza Club na conta de Abanca ES82 2080 3116 0030 4000 8694. E a inscrición realizarase a través do correo electrónico ponteandadas@gmail.com ou teléfono 625 482 636.
Os participantes no Circuíto de Andainas de Pontevedra irán acompañados por monitores que seguirán e guiarán o ritmo dos distintos participantes, pois non é unha carreira. Cada ruta poderá desenvolverse cun máximo de 300 persoas.
Ruta 1. Encoro do Pontillón do Castro-Cerponzóns
Domingo, 11 de marzo
Saída. 10.00 horas. Igrexa de San Vicente de Cerponzóns
Distancia. 15,9 km.
Dificultade. Media
Ruta 2. Patrimonio de Ponte Sampaio
Domingo, 15 de abril
Saída. 10.00 horas. Centro de ocio de Ponte Sampaio (praia fluvial, ao carón do campo de fútbol
Distancia. 15,2 km
Dificultade. Media
Ruta 3.- Lago Castiñeiras- Salcedo
Domingo 13 de maio
Saída. 10.00 horas. CEIP Cabanas (Salcedo)
Distancia. 14,6 km
Dificultade. Media
Ruta 4. Foxo do Lobo-Bora
Domingo, 9 de setembro
Saída. 10.00 horas. Campo da festa de Santa Lucía- Bora, estrada a Carballedo (PO-233)
Distancia. 14,5 km
Dificultade. Media
Ruta 5. Serra da Fracha-Canicouva
Domingo, 7 de outubro
Saída.10.00 horas. Igrexa de Santo Estevo da Canicouva
Distancia. 13,3 km
Dificultade. Media-Alta
Ruta 6. Senda do Lérez-Bora
Domingo, 4 de novembro
Saída. 10.00 horas. Illa das Esculturas, pasarela peonil
Distancia. 11,5 km.
Dificultade. Baixa