Os ollos das palabras: poesía para ver en Pontevedra
Escola de Escritoræs. Obradoiro de poesía visual, con Baldo Ramos. Os ollos das palabras: Poesía para ver
Unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, coa colaboración do Pazo da Cultura e o patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra
"Lemos cos ollos. As palabras sempre conteñen un significado visual, pero tamén poden ser un significante que comunica plasticamente. Acceder á poesía polos ollos. Escribir como o escultor que moldea unha forma ata que significa, ata que atrae a nosa ollada. Cicelar a poesía coas mans. Darlle a forma que nos permita compartir cos demais a súa materialidade, o seu xeito de ser corpo, de ser espazo habitable"
A cargo de Baldo Ramos e cunha clase maxistral de Xosé María Álvarez Cáccamo
Partindo dunha reflexión inicial sobre aspectos históricos e estéticos da poesía visual, e dun resumo da experiencia do autor neste ámbito, elaboraranse dous proxectos literarios diferentes:
· Un libro de artista ou libro obxecto, confeccionado cos materiais (poéticos e plásticos) que xurdan do obradoiro
· Un libro colectivo, en formato de libro-acordeón, composto polas colaboracións das persoas participantes.
Calendario e inscrición
- Días: venres 16 e 23 de febreiro; sábado 3, venres 9, venres 16 e xoves 22 de marzo; venres 6 e venres 27 de abril; venres 4, venres 11, venres 18 e venres 25 de maio
- Horarios: de 18:00 a 20:00 en xoves e venres, e de 11:00 a 13:00 os sábados
As prazas asignaranse por orde de solicitude.
O obradoiro desenvolverase no Pazo da Cultura (Rúa Alexandre Bóveda), no Seminario 8 - Aula da Escola de Escritoræs da AELG