Noticias de Hoy
CartelOrgulloVigo2016
Fecha: 21/06/2016 a 25/06/2016
Horario: 01:00 a 01:00

Orgullo LGTBI+ 2016 en Vigo

Como non podía ser doutra maneira, este ano a Dinoseto enarbola a nosa bandeira para anunciar a chegada da SEMANA CULTURAL DO ORGULLO LGTBI+ VIGO 2016!!

Este ano presentamosvos un programa que sacamos con moito traballo, horas de esforzo e adicación e pouco apoio (ou nada) por parte do Concello da nosa cidade, a lo menos que saibamos a data de hoxe.

Pero contamos con moita xente, moitisima, que si quere ver Vigo das cores do arco da vella! neste 2016 máis que nunca podemos dicir que este, será un ORGULLO de TODXS, porque sen o apoio dxs comerciantes, dxs artistas que veñen a actuar DE BALDE e de todxs xs que contribuides no Crowfounding, non poderíamos ter semellante programación!! Dende Nós Mesmas non nos cansaremos de agradecelo!!

Martes 21 de xuño de 2016
MARCO
20.00h: Visita guiada: Borrador para unha exposición sen título. Cabello/Carceler.

Mércores 22 de xuño de 2016
Colexio Oficial Arquitectos
20.00h: Mesa redonda: A LGTBfobia na educación despois dos avances legais.

Vénres 24 de xuño de 2016
Saída de Laxe
17.00h: Senda de Barragán.

Sábado 25 de xuño de 2016
Praza da Pedra
12.00h: Feira de asociacións e actividades infantís. Refuxiados Galicia recollerá alimentos e portabebés.
12.30h: Concerto Tardis Band
14.00h: Sesión vermú con DJs Petard Pop
18.00h: Concerto Cool Funeral
19.30h: MANIFESTACIÓN ORGULLO (saída dende a Praza da Pedra)
21.00h: Performance Martinita y sus maromas.
22.00h: Las Supremas
23.30 a 03.00h: DJ Edi