Noticias de Hoy
Captura de pantalla 2020 10 29 a las 12.55.18
Fecha: 03/11/2020
Horario: 10:00 a 13:00

Obradoiro Namórate de ti

Casa Azul, Pontevedra.

O Concello de Pontevedra presentou o programa municipal “Namórate de ti”, un programa municipal que inclúe un obradoiro e unha exposición fotográfica co obxectivo de fomentar e empoderar as mulleres participantes.

Este obradoiro, promovido desde o CIM Pontevedra e a Concellería de Igualdade de Pontevedra, ten como destinatarias preferentes a mulleres desempregadas, vítimas de violencia de xénero ou mulleres en perigo de exclusión social.

As fotografías tiradas durante o obradoiro exporanse posteriormente nunha mostra espallada por distintos comercios da cidade.

No acto de presentación estiveron as dúas persoas impulsoras do proxecto, a animadora sociocultural Tegra Gómez e a fotógrafa creativa Patricia Maquieira, tamén os concelleiros Yoya Blanco, Tino Fernández e Iván Puentes. Durante esa presentación a concelleira responsable de Igualdade, Yoya Blanco, lembrou a importancia destas iniciativas para empoderar e fomentar a autoestima das mulleres, sobre todo daquelas vítimas dalgún tipo de violencia ou exclusión.

O obradoiro levarase a cabo os días 3, 5, 9 e 11 de novembro na Casa Azul en horario de 10:00 a 13:00 h.

Para anotarse haberá que enviar un correo a igualdade@pontevedra.eu ou chama ao teléfono 986 86 48 25.