Noticias de Hoy
o murmuro do mar
Fecha: 12/12/2015 a 13/12/2015

O murmurio do mar, en Vigo

O murmurio do mar, en Vigo.

Sábado 12 de Decembro ás 17:30h e ás 19:30h.
Domingo 13 de Decembro ás 12:00h e ás 18:00h.

O mar, no seu infinito murmurio trae consigo sons, lendas e tamén cancións.

Dende tempos inmemoriais o mar, ademais de ser unha inesgotable fonte de inspiración para debuxantes, músicos e poetas, agocha historias e aventuras de sereas, piratas e vellos mariñeiros.

A través dos contos e da música, utilizando monicreques, obxectos, instrumentos e por suposto moita imaxinación somerxerémonos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras.

Un mar que, por riba de todo debemos coidar e respectar.