Noticias de Hoy
Nueva Vulcano
Fecha: 18/12/2013
Horario: 23:00

Nueva Vulcano

Nueva Vulcano -pensamos que a estas alturas non necesitan presentacións- cumplen 10 anos e para celebralo únense a La Castanya (que fan 5) e Alberto Polo para editar un libro de fotos da banda feitas por este último, publicar o 7" "Todo por el bien común" e iniciar unha xira de tan só nove datas -con parada no Liceo- por algúns dos espazos máis especiais do estado. Este ambicioso e encantador proxecto leva o título de "Hasta la boya y volver" e conta cunha web específica e cun diario de xira que se encargarán de actualizar a diario Artur Estrada cos seus textos e Alberto Polo coas súas fotos.

As entradas anticipadas xa están dispoñibles os días de evento no propio Liceo a un prezo de 5€. Ollo! Só haberá 150 á venda! Tamén dispoñibles vía paypal enviando 5 € a liceomutante@gmail.com indicando nome, apelidos e DNI. O plazo para mercar as entradas remata o martes 17 ás 23.00