O Auditorio Afundación de Pontevedra acollerá o próximo 23 de setembro ás 20.30 horas o novo monólogo de Luís Piedrahita, Es mi palabra contra la mía, no marco da X Gala Benéfica do Día Mundial do Alzhéimer promovida por AFAPO (Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outra demencias de Pontevedra.
Es mi palabra contra la mía é un show de humor, enxeño e tenrura co que o artista quere demostrar, unha vez máis, que «só o humor fai a vida máis soportable».
No seu novo monólogo, Luís Piedrahita analiza por que ninguén está contento co que lle tocou, sacando a relucir os aspectos máis absurdos da rutina do día a día: «Son temas de fondo calado existencial como o medo ao váter alleo ou o amor verdadeiro.
reflexións de voo galináceo e improvisacións meticulosamente ensaiadas. Un espectáculo no que todos chegan á mesma conclusión: só o humor fai a vida soportable».