Noticias de Hoy
Mike Watt
Fecha: 05/03/2014
Horario: 19:00

Mike Watt + Guess What? + L'Oeillere

Menuda guinda para o pastel rematar o II Días Rariños Fest...

A ver, MIKE WATT é unha lenda viva no sentido máis amplo posible, fundamental na historia da música rock e referencia coma baixista único, fundador de Minutemen e Firehose, baixista de Iggy Pop & The Stooges dende o 2003, e colaborador de Sonic Youth, Nirvana, Beastie Boys ou Black Flag. Currículo dos de enmarcar vaia.

Virá ao Liceo a presentar "Hyphenated-Man" o seu último disco con The Missing Men (Tom Watson de Red Krayola na guitarra, Raúl Morales na batería)

Ademais non veñen sós, senón que veñen acompañados de dous proxectos que tamén che farán apaludir coas orellas.

Guess What? é un dúo inglés obsesionado con Yuri Gagarin, co giallo italiano, co matemático persa Al-Khawarizmi e a música de Oriente Medio. Teclados, batería, percusións,melódicas, trompetas... todo vale na súa hipnótica proposta que foi descrita coma un combate entre un Burt Bacharach acelerado e un Ennio Morricone nunha viaxe psicodélica.

Web: www.guesswhat3000.blogspot.fr

Detrás de L'Oeillere agóchase un belga ao que lle encanta aporrear a guitarra clásica ata sacarlle sons imposibles, estructuras retorcidas en calquera espazo no que poda enchufar o seu ampli.
Web: www.loeillere.com

Toda esta tarde/noite de delicatessens musicais custa na máis que 7 euros para axudar a cubrir os gastos da xira.