Mesa Redonda: Lobo ibérico ¿Anxo ou demo? en Redondela
Non é por levantar a lebre pero... que vén o lobo!
E non o fai só, non, senón que estará magníficamente escoltado. Iñaki de Miguel, veterinario e sabio, eFrancisco Lema, veterinario e naturalista, iluminarán recunchos ignotos sobre o máis mítico dos animais ibéricos, levándonos nun faladoiro moi suxestivo máis aló das fronteiras do tótem.
Desde un enfoque multidisciplinar repasarán os hábitos e hábitats do lobo e achegarannos á situación real deste carnívoro en lle ecosistema actual. Un perigo a controlar ou unha especie a protexer?, como conxugar os intereses naturais e gandeiros?, que papel corresponde ás administracións? Un debate apaixonante que arroxará unha visión global sobre o asunto.