O Concello de Tomiño organiza unha saída dentro do Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego para asistir á obra “Memorias dun neno labrego” o venres 16 de xaneiro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, con autobús gratuíto desde Tomiño. A saída será ás 15:15 h dende a rotonda da Avda. República Arxentina (pregase puntualidade) e a función comezará ás 18:00 h; ao rematar, o regreso está previsto coa saída ás 20:15 h.
Trátase dunha proposta teatral baseada na coñecida historia de Balbino, un neno do rural galego que relata en primeira persoa a súa infancia, a escola, a familia e as desigualdades dun mundo marcado pola dureza do traballo e as inxustizas sociais, cunha mirada emotiva e crítica á vez. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición, e para asistir é necesaria entrada (prezo indicado no anuncio: 5 €).