O Concello de Pontevedra fará o vindeiro 29 de maio unha homenaxe a primeira directora da Escola Normal de Pontevedra, Ernestina Otero, en verbas da concelleira Carmen Fouces "Ernestina exemplifica á muller do seu tempo e o compromiso de xeneracións futuras. Mulleres como Ernestina foron as que edificaron a estrutura de dereitos que agora queren roubarnos".
A homenaxe será na avenida de Montero Ríos, onde estaba a antiga sede da Normal en Pontevedra. Será a partir das 20.30 horas e enl intervirán a concelleira de Muller, Carmen Fouces, Manuel Puga Pereira, neto de Ernestina e biógrafo; Aurora e Clementina Vidal Caramés e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Este acto, organizado polas concellarías de Patrimonio Histórico, que dirixe Luís Bará e de Muller, que xestiona Carmen Fouces, é o prolegómenos do simposio do proxecto "A memoria das mulleres" que se celeberá os días 30 e 31 na Casa das Campás.
Programa
Xoves 29 de maio de 2014 (diante do antigo edificio da Escola Normal, no Paseo de Montero Ríos)
20.30 h: Homenaxe a Ernestina Otero Sestelo, profesora e directora da antiga Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra.
Intervencións de Carme Fouces, Manuel Puga Pereira, Aurora Vidal Caramés, Clementina Vidal Caramés e Miguel Anxo Fernández Lores.
II SIMPOSIO A MEMORIA DAS MULLERES
Venres 30 de maio de 2014 (na Casa das Campás)
17.00 h: Recepción de participantes e entrega de documentación.
17.30 h: Conferencia de apertura de Anxo S. Porto Ucha: A escola represaliada na provincia de Pontevedra.
18.30 h: Raquel Vázquez Ramil: Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid: da ilusión á invisibilidade.
19.00 h: Coloquio.
19.15 h: Presentación do número 27 da revista Murguía: Historia da educación na Galiza.
Sábado 31 de maio de 2014 (na Casa das Campás)
10.30 h: Xosé Manuel Cid: As mestras represaliadas en Ourense.
11.15 h: Xosé Álvarez Castro: Xosé Álvarez Castro: Xosé Ál A escola represaliada na comarca de Pontevedra.
12.00 h: Pausa.
12.30 h: María Victoria Martíns: presentación do proxecto sobre mulleres universitarias pontevedresas na ditadura franquista.
13.00 h: Conferencia de clausura. Carlos Velasco Souto: O franquismo despois de Franco