Noticias de Hoy
Manrique Fdez_Baja
Localidad: Pontevedra
Fecha: 05/11/2015
Horario: 20:30

Manrique Fernández presenta su novela: Tres Feridas, en Pontevedra

A Biblioteca Municipal de Ponteareas acollerá o xoves, día 5 de novembro, a presentación da novela "Tres feridas", publicada pola editorial Belagua, que supón o debut novelístico do escritor e xornalista Manrique Fernández. No acto, acompañarán ao autor a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, a escritora Susana Lamela, e a editora, Edurne Baines.

“Tres feridas”, cuxo título fai alusión ao coñecido poema de Miguel Hernández, desenvólvese en torno ás ideas da vida, o amor e a morte, encarnadas nos seus tres protagonistas, aos que a falta de comunicación marcaralles a súa existencia con profundas feridas emocionais.

Nesta historia, que comeza cun sorprendente secuestro, os soños de Rafael e a súa idealización do amor levarán a desgracia ás persoas ás que máis quere, vítimas dos que cren que os sentimentos poden ser programados.

A dor, a soidade, o abandono, a culpa, a ira e o odio planean sobre unha historia na que os seus protagonistas terán que elixir entre os seus desexos e os dos demais, nun marco no que os desacordos provocados pola falta de comunicación cimentan un conflito que estoupa sobre as súas vidas.