Jaime Caravaca e Grison Beatbox volven de novo á carga esta tempada para ofrecernos un único e irrepetible show que mistura comedia e beatboxing nun ambiente moi participativo e con moita improvisación.
Nesta ocasión será o día 23 de outubro no auditorio municipal ás 21.30 horas e contarán cos mellores monólogos de Caravaca, as escenas conxuntas, dobraxe en directo, e as cancións imposibles de Grison cun insuperable beatbox e o seu inseparable loopstation.
As entradas para este espectáculo xa están á venda.